Choloepus didactylus é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos e suborde dos folívoros e familia dos megaloníquidos,Choloepus didactylus en MSW. unha das dúas do xénero Choloepus que, á súa vez, é o único da familia.Megalonychidae en MSW.
É propio de Suramérica, habita en Colombia, Ecuador, o Perú, Venezuela, as Güianas e o Brasil (ao norte do río Amazonas).
É solitario, diúrno e arbóreo e habita principalmente na selva amazónica. É capaz de nadar e vadear ríos. Os seus inimigos principais son os humanos, aves de presa grandes como a harpía (Harpia harpyja) e a harpía cristada (Morphnus guianensis), e felinos como o ocelote (Leopardus pardalis).
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo, na décima edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Bradypus didactylus.Linnæus, Carl (1758): [http://www.biodiversitylibrary.org/item/80764#page/45/mode/1up Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I (10 ed.). Holmiæ: Laurentius Salvius] p. 35. Tempo despois, cando en 1811 Illiger creou o xénero Choloepus, foi transferida a este.
Sinónimos Ademais de polo nome primixenio que lle adxudicou Linneo, Bradypus didactylus, ao longo do tempo, a especie foi coñecida tamén polos sinónimos seguintes: Choelopus brasiliensis Fitzinger, 1871 Choelopus columbianus Gray, 1871 Choelopus curi (Link, 1795) Choelopus florenciae J. A. Allen, 1913 Choelopus guianensis Fitzinger, 1871 Choelopus kouri (Daudin, 1802) Choelopus napensis Lönnberg, 1922 Choelopus unau (Link, 1795) Choelopus didaetylus Thomas, 1893
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nowak, R. (1999): Walker's Mammals of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. Vizcaíno, S. & W. Loughry (2008): The Biology of the Xenarthra. Gainsville, Florida, USA: The University Press of Florida. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press.
Outros artigos
Mamíferos Desdentados Xenartros Pilosos Megaloníquidos Choloepus
Ligazóns externas Choloepus didactylus na ADW. Con abundante información, imaxes, mapas de distribución e bibliografía Choloepus didactylus na EOL.
Categoría:Placentarios Categoría:Animais descritos en 1758