O Medi Bayreuth (estilizado: medi bayreuth), é un equipo de baloncesto profesional alemán con sede na cidade de Bayreuth, Baviera. Fundado como unha sección do Post SV Bayreuth en 1975, actualmente compite na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Disputa os seus partidos como local no Oberfrankenhalle, pavillón con capacidade para 3.600 espectadores. Entre os seus principais títulos están a Liga conseguida en 1989 e as dúas Copas en 1988 e 1989.

Historia O club foi fundado en 1975 como a sección de baloncesto do Post SV Bayreuth. Foi ademais un dos clubs que xogaron a primeira edición da segunda división de baloncesto profesional en Alemaña. Na súa tempada de debut, o equipo ascendeu de inmediato á máxima categoría. En 1979, o equipo de baloncesto separouse do Post SV e o club foi refundado co nome de USC Bayreuth. Ao finalizar a temporada 1983−84, o equipo descendeu da Bundesliga. Isto levou ao club a fusionarse co TTBG Steiner-Optik Bayreuth, un antigo club de tenis de mesa, para formar o BG Steiner Bayreuth. Como Steiner Bayreuth, o equipo atinxiu grandes éxitos. Primeiro, o club conseguiu regresar inmediatamente á máxima categoría, para poucos anos máis tarde gañar títulos. De feito, en 1988 e 1989 o equipo gañou a Copa e na temporada 1988−89 foi coroado campión nacional alemán despois de gañar a Bundesliga.

En 1997, o tradicional patrocinador do club, Steiner, deixou o club e comezaron a ter problemas financeiros, o que produciu tamén unha crise deportiva. De feito, en 1999 o equipo descende da Bundesliga debido aos citados problemas económicos. Nas seguintes tempadas, o Bayreuth cnverteuse nun equio habitual da ProA, a segunda división xermana. O regreso á máxima categoría chegou tras gañar o título da ProA na temporada 2009−10. Ao comezo da temporada 2013−14, o club consegue un novo patrocinador principal, mudando ao seu nome a "medi bayreuth". Tamén mudaron as cores do equipo a negro, verde lima e rosa. Após finalizar durante os seguintes ano na zona media da clasificación, o equipo consegue finalizar en cuarto lugar na temporada 2016−17, finalizando o equipo de Raoul Korner cun balance de 22 vitorias por 10 derrotas. Porén, nos play-offs foron eliminados en primeira rolda polo EWE Baskets Oldenburg. Con todo, a boa actuación serviu ao equipo para xogar na Basketball Champions League 2017−18. Na Champions League o equipo pasa a primeira rolda e elimina nos cuartos de final ao Beşiktaş, mais perde finalmente en Cuartos ante o Riesen Ludwigsburg.

Nomes O Medi Bayreuth tivo os seguintes nomes ao longo da súa historia: Post SV Bayreuth (1975–1979) USC Bayreuth (1979–1983) USC Olympia Bayreuth (1983–1984) BG Steiner Bayreuth (1984–1989) Steiner Bayreuth (1989–1997) Basket Bayreuth (1997–1999) BBC Bayreuth (1999–2013) medi bayreuth (2013–presente)

Temporadas AnoNivelLigaCopa Competicións europeas2000–012 2. BBL 2001–022 2. BBL2002–032 2. BBL2003–042 2. BBL2004–052 2. BBL 2005–062 2. BBL 2006–072 2. BBL 2007–082 ProA 8º2008–092 ProA 3º2009–102 ProA 1º2010–111 BBL 16º2011–121 BBL 13º2012–131 BBL 15º2013–141 BBL 14º2014–151 BBL 16º2015–161 BBL 12º2016–171 BBL 4º2017–181 BBL6º Cuarto lugar 3 Champions League 2018–191 BBL12º Oitavos de final 3 Champions League 2019–201 BBL12º Oitavos de final4 FIBA Europe Cup 2020–211 BBL10º Fase de grupos

Títulos Liga de Alemaña Campións (1): 1989 Copa de Alemaña Campións (2): 1988, 1989

Xogadores Destacados

Bastian Doreth Nicolai Simon Jeff Xavier Brandon Bowman Jason Cain Will Conroy Danny Gibson Je'Kel Foster Travis Leslie Gary McGhee D. J. Seeley Suad Šehović Melvin Ejim Koko Archibong

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Eurobasket.com

Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña