Alberte Blanco Casal, nado en Cobres (Vilaboa) o 20 de decembro de 1951, é un enxeñeiro, profesor, escritor e político galego do BNG.

Traxectoria Enxeñeiro Técnico Industrial, Profesor de Tecnoloxía de Ensinanza Secundaria no instituto de Verín e tamén director entre 2002-2005. Foi Director Xeral de Montes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia (2005-2009). Exerceu como concelleiro nacionalista en Verín desde 1991 ata 2005. Foi membro do Consello Nacional do BNG.

Foi fundador da Asociación Cultural Monterrei, da súa revista A Tempo e do colectivo de animación cultural Foro Monterrei. Colaborou nos diarios dixitais Sermos Galiza, Praza Pública e Terra e Tempo, e na revista do Fórum Galaico Transmontano editada en Chaves. Tamén publicou unha colaboración semanal en Nós Diario e escribiu sobre John Lennon en Grial.Blanco Casal, Alberte (2020). "John Lennon, a memoria dun xenio rebelde", en Grial, 228, tomo XVIII. pp. 164-171.

Obras

Narrativa Arcadia. Os gardiáns do segredo (2013). Círculo Rojo. 431 páxs. ISBN 9788490308929. Telumbres de lúa (2014). Relatos autobiográficos. O Códice esmeralda (2017). Edicións Xerais. Finalista do Premio Xerais de novela de 2015. 421 páxs. ISBN 9788491211594. ePub: ISBN 978-84-9121-160-0. A soidade do inquisidor (2024). Vigo: Xerais. 384 páxs. ISBN 978-84-1110-559-0. ePub: ISBN 978-84-1110-564-4. O Pazo das Marismas (2026). Vigo: Xerais. 464 páxs. ISBN 978-84-1110-785-3. ePub: ISBN 978-84-1110-787-7.

Ensaio

O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense: aproximación histórica ao periodo, 1840-1930 (2015). Deputación Provincial de Ourense. 204 páxs. ISBN 9788492554867. Memorias da brétema (2019). Editorial Punto Rojo. 232 páxs. ISBN 9788413049878. Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo (2021). Xerais, Col. Crónica. 320 páxs. ISBN 978-84-9121-829-6. ePub: ISBN 978-84-9121-830-2.

Obras colectivas Os incendios forestais en Galicia (2006). Coordinada por Francisco Díaz-Fierros e Plácido Bahamonde. Consello da Cultura Galega. 327 páxs. ISBN ISBN 84-96530-17-5. O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional? (2017). Sermos Galiza. 172 páxs. ISBN 9788461799381. Diario de José Casal (2023). Textos de Alberte Blanco e Xosé Mª Álvarez Cáccamo. Deputación de Pontevedra. Servizo de Patrimonio documental e bibliográfico, 96 páxs. ISBN 978-84-8457-534-4

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía e artigos en Praza Pública 20pxConferencia sobre Eloy L. André. 2018. Parte 1 20pxConferencia sobre Eloy L. André. 2018. Parte 2

Categoría:Políticos do BNG Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vilaboa Categoría:Nados en 1951 Categoría:Profesores de educación secundaria