Sir Michael Terence Wogan, nado en Limerick (Irlanda) o 3 de agosto de 1938 e finado en Taplow (Reino Unido) o 31 de xaneiro de 2016, foi un dos máis afamados presentadores e locutores de radio e televisión do Reino Unido, converténdose nun dos símbolos da BBC.

Antes de retirarse do seu programa matinal na BBC Radio 2, Wake Up to Wogan no 2009, tiña oito millóns de público regular, converténdoo no locutor de radio máis escoitado en Europa."Wogan’s run – the King of banter finally goes blankety blank" Por Kim Bielenberg, Sábado 12 de setembro de 2009, Irish Independent Comezou a súa carreira na televisión pública irlandesa RTÉ na década dos 60.

Desde a década de 1960 foi unha das personalidades máis importantes da televisión no Reino Unido e era habitualmente referido como un tesouro nacional. Ademais do seu programa diario, era coñecido no Reino Unido polo seu traballo na televisión, presentado entre outros programas o talk-show Wogan na BBC One e o programa de recadación de fondos para os nenos Children in Need. Foi ademais o comentarista para a BBC do Festival de Eurovisión entre 1971 e 2008, chegando incluso a presentar o certame no Festival de Eurovisión 1998 celebrado en Birmingham.

Adquiriu a dobre nacionalidade irlandesa e británica en 2005. Foi galardoado como Cabaleiro da Orde do Imperio Británico ese mesmo ano, podendo levar desde entón o título de Sir diante do seu nome.

Finou a causa dun cancro o 31 de xaneiro de 2016 na súa casa en Buckinghamshire. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial de Terry Wogan

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en Limerick Categoría:Presentadores de televisión da BBC Categoría:Festival de Eurovisión Categoría:Presentadores de radio da BBC