El Obrero foi un periódico editado en Ferrol entre 1890 e 1897.

Historia e características Subtitulado Periódico quincenal defensor de los intereses de la clase obrera, apareceu o 1 de maio de 1890.El Regional, 17-4-1890, p. 2. Periódico quincenalEl Eco de Galicia, 11-5-1890, p. 2. que era órgano da Agrupación Socialista de Ferrol, estaba dirixido por Francisco Fernández García.El Eco de Galicia, 6-5-1890, p. 3. Entre os seus colaboradores figuraron J. L. Gómez, Vicente Varela, Emilio Abascal Zapata, José Fraga de Castro, Manuel Capdevila, “Asolón”, “Josefo”, “Godrigo”, José Hernández e “Lucio”. Os poucos exemplares que se conservan están depositados no Instituto de Historia Social de Ámsterdam.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos La Voz del Obrero (Ferrol) Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:Prensa socialista Categoría:1890 en Galicia