José Pardo Rodríguez, coñecido como Rego, nado en Sarria en 1921, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Pardo e Jesusa Rodríguez. Enlace da guerrilla que tivo que fuxir ao ser descuberto. Integrouse na III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia ben entrada a década dos corenta con Gregorio Cenitagoya González, Julián Mateo Vázquez, Maximino Rodríguez Pérez e Julio Fernández Rodríguez. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Adolfo Gregorio Cenitagoya González, Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, Francisco López Quinte, Abelardo Gutiérrez Alba, Elías López Armesto e Xosé Arias Fernández en febreiro de 1948.El Progreso, 29-2-1948, p. 2,
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1921 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes