Frithuwald (tamén Frithewlf) foi rei do Reino de Bernicia desde 579 até 585. El foi o sexto rei do que se ten algunha información do reino anglosaxón de Bernicia.
Traxectoria Frithuwald foi fillo de Ida de Bernicia, fundador do reino de Bernicia. Nada máis se sabe de Frithuwald, da súa vida, ou do seu reinado. As poucas fontes de información que hai non concordan nas datas ou na orde dos reis que viviron entre Ida e Æthelfrith.
Categoría:Reis de Bernicia Categoría:Finados en 585