Paula Sueiro Rodríguez, nada en Corme (Ponteceso) o 27 de xullo de 1995 e finada na Agualada (Coristanco) o 8 de febreiro de 2016, foi unha artista e cantante galega. Traxectoria Sueiro deuse a coñecer como cantante en 2014 no programa Luar da TVG, na sección Recanteiros, onde se exploraban talentos comarcais. Nel participou varias veces representando a Costa da Morte. O programa tivo varias edicións anuais (2014 e 2015) e Sueiro integrouse no elenco habitual de presentadores do programa.
Ademais, Sueiro foi a impulsora dun concurso de busca de talentos musicais na comarca do comarca do Deza que chamou #Escóitame. Neste proxecto tamén participou a lalinense Nelly Portas, recanteira como Sueiro. Tamén colaborou co Concello de Lalín e a Xunta de Galicia na gravación dun tema musical, nunha campaña institucional contra a violencia de xénero, neste caso a canda Silvia Villanueva.
Vida persoal Nada en Corme, era filla dunha muller de Zas e dun home de Corme, mudouse cun só uns días a vivir a Lalín, mais mantivo relación persoal e profesional coa Costa da Morte toda a súa vida. No tempo da súa morte, estudaba o ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico.
Finou nun accidente de automóbil ao saír da estrada o vehículo que guiaba e bater contra un poste.
Notas
Véxase tamén Canal de Paula Sueiro en YouTube.
Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Nados en 1995 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes