New Day Rising é o terceiro álbum da banda estadounidense de rock alternativo Hüsker Dü, publicado o 31 de xaneiro de 1985 a través do selo SST Records. O disco continúa a tendencia de afastarse do rápido hardcore punk das primeiras edicións do grupo, dirixíndose cara a un material máis lento e melódico.Azerrad 2001, p. 188. Este feito, xunto coa alta calidade musical e da produción foi percibido polos seareiros como un disco comercial, e a banda tivo que defenderse das acusacións de terse vendido.Azerrad 2001, p. 189.
Tras o lanzamento de Zen Arcade en xullo de 1984, o dono de SST, Joe Carducci, pediu inmediatamente outro traballo.Azerrad 2001, p. 187. O grupo quería autoproducilo, pero o selo insistiu que o fixesen con Spot, que producira moitos dos álbums da discográfica, incluídos todos os de Hüsker Dü. A atmosfera da gravación foi por ese motivo tensa.
Listaxe de cancións
Notas
Bibliografía
Categoría:Álbums de Hüsker Dü Categoría:Álbums musicais de 1985 Categoría:Álbums producidos por Spot Categoría:Álbums de SST Records