miniatura|Malla en Miranda, Castroverde. miniatura|dereita|Sementado de soia na Arxentina. A agricultura (do latín agri ‘campo’, e cultūra ‘cultivo’, ‘crianza’) é o conxunto de técnicas, coñecementos e saberes para o cultivo da terra co fin de plantas útiles ao home, particularmente para a súa alimentación. Comprende todo un conxunto de accións humanas que transforman o medio natural e hábitats. A agricultura foi o desenvolvemento clave no xurdimento da civilización humana sedentaria, mediante a cal o cultivo de especies domesticadas creou excedentes de alimentos que permitiron ás persoas vivir agrupadas nun mesmo poboado.

As actividades relacionadas son as que integran o chamado sector agrícola. Todas as actividades económicas que abarca devandito sector teñen o seu fundamento na explotación dos recursos que a terra orixina, favorecida pola acción do ser humano: alimentos vexetais como cereais, froitas, hortalizas, pastos cultivados e forraxes; fibras utilizadas pola industria téxtil; cultivos enerxéticos etc.

A agricultura tamén comprende unha demanda global do ramo e o servizo da alimentación mundial depende en gran medida do clima e das técnicas para poder facer a terra fértil, conserva a súa orixe na propiedade privada e na explotación da terra entregada a familias para poder establecerse.

Alén de alimentos para uso dos seres humanos e dos seus animais, a agricultura produce mercadorías tan diferentes como flores e plantas ornamentais, fertilizantes orgánicos, produtos químicos industriais (látex e etanol), fibras (algodón, liño e cánabo), combustibles (madeira para leña, etanol, metanol, biodiésel). A electricidade pódese tamén xerar de gas de metano de refugallos animais ou da queima da madeira producida especialmente para biomasa (a través do cultivo de árbores que medran axiña, como certas especies de eucaliptos).

Do punto de vista técnico e científico, a evolución da agricultura divídese en tres etapas principais: agricultura antiga, agricultura moderna e agricultura contemporánea.

É unha actividade de grande importancia estratéxica como base fundamental para o desenvolvemento autosuficiente e riqueza das nacións.

A persoa que traballa na agricultura é o agricultor ou a agricultora, a si mesmo a ciencia que estuda a práctica da agricultura é a agronomía. En economía, a agricultura cae dentro do sector primario. Nela englóbanse os diferentes traballos de tratamento do chan e os cultivos de vexetais. Etimoloxía

O prefixo agro ten orixe no nome latino agru que significa "terra cultivada ou cultivable; campo" (zona rural ou non urbana).

Historia

miniatura|Malla de cereais no antigo Exipto. miniatura|Campesiño arando. Pintura na tumba de Sennedyem, ca. 1200 a. C. Exipto.

A historia da agricultura comezou hai miles de anos. O desenvolvemento da agricultura permitiu que a poboación humana crecese moitas veces máis do que podería soster a caza e a recolección. Despois de recoller grans silvestres para o seu sustento, fai polo menos 105.000 anos, os agricultores nacentes comezaron a plantalos hai uns 11.500 anos. A agricultura, é dicir, sementar e cultivar a terra, foi a primeira revolución económica que emprenderon os humanos, tamén coñecida como a domesticación dos vexetais. Máis ou menos o mesmo tempo, nacía a gandaría ou domesticación dos animais. Os porcos, as ovellas e o gando foron domesticados hai máis de 10.000 anos. Conxuntamente, o nacemento destes fenómenos coñécese como revolucións neolíticas. Ata ese momento, as persoas vivían tan só da recolección de froitos e da captura de animais.Diccionari d'Història de Catalunya; ed. 62; Barcelona; 1998; ; p. 13 Co tempo, coa domesticación de animais e de plantas como o trigo e as leguminosas permitiu unha certa estabilización económica que permitiu ás comunidades humanas abandonar o nomadismo e instalarse nas primeiras aglomeracións urbanas. A agricultura antiga miniatura|Inicios da agricultura en diferentes rexións do planeta; só se consideran as áreas de desenvolvemento primario, non as que domesticaron plantas por influxo de rexións que previamente desenvolveran a agricultura. Hai arredor de 10 000 anos, no período do Neolítico ou período da pedra puída, algúns membros dos pobos cazadores-recolectores notaron que algúns dos grans que recollían da natureza para a súa alimentación, podíanse enterrar, isto é, "plantar" a fin de producir novas plantas iguais ás que os orixinaran. Como esa práctica permitiu o aumento da oferta de alimento desas persoas, as plantas comezaron a se cultivar moi próximas unha das outras, para produciren froitos, que se recollían facilmente ao maduraren, o que permitía unha maior produtividade das plantas cultivadas en relación ao seu hábitat natural). Con iso evitaban, as frecuentes e perigosas buscas á procura de alimentos. Co tempo, as persoas foron seleccionando os mellores grans salvaxes, aqueles que posuían as características que máis interesaban aos primeiros agricultores, tales como: tamaño, cantidade producida, sabor etc. Así xurdiu o cultivo das primeiras plantas domesticadas, entre as cales se inclúe o trigo e maila cebada.

O comezo das actividades agrícolas marca o comezo do período neolítico, posterior ao período da pedra lascada. Como é anterior á historia escrita, os inicios da agricultura son escuros, mais admítese que xurdiu independentemente en diferentes lugares do mundo, probabelmente nos vales e bacías fluviais habitados por antigas civilizacións. Durante o período neolítico as principais áreas agrícolas estaban localizadas nos vales dos ríos Nilo (Exipto), Tigre e Éufrates (Mesopotamia, actualmente coñecida como Irán e Iraq), Amarelo e Azul (China). Hai rexistros de cultivos en polo menos tres rexións diferentes do mundo en épocas distintas: Mesopotamia (posibelmente pola cultura Natufiana), América Central (polas culturas precolombianas) e nas cuncas hidrográficas da China e da India.

Ben as mudanzas no clima ou ben o desenvolvemento da tecnoloxía humana puideron ser as razóns iniciais que levaron á descuberta da agricultura. A agricultura permite a existencia de aglomerados humanos con moita maior densidade de poboación que os que poden ser soportados pola caza e recolleita. Houbo unha transición gradual na cal a economía de caza e recolleita coexistiu coa economía agrícola: algúns cultivos plantábanse deliberadamente e outros alimentos obtíñanse da natureza

A importancia da práctica da agricultura na historia do home foi fundamental en canto aos grupos que iniciaron esta práctica como súa maior fonte de subsistencia, forzáronse a se fixar no territorio para agardar pola colleita (e gardala logo), ao contrario dos que continuaron nómades.

Con isto, o grupo que se fixou na terra enfrontouse a novos problemas, que resultaron en novas solucións e tecnoloxías, e polo tanto culturas. Exemplo disto é a arquitectura, que se iniciou para suplir as necesidades de vivenda e mais doutras construcións de carácter permanente.

Esa hipótese aplícase á gandaría, ou sexa, a domesticación de animais como cans e ovellas. Os cans deriváronse por selección xenética de crías de cans salvaxes que vivían arredor dos campamentos humanos, alimentándose de restos de carcasas deixadas como refugallos polos cazadores. Os seres humanos recoñeceron certa utilidade neses animais, pois daban aviso da presenza doutros animais salvaxes máis perigosos (como os lobos e os grandes felinos). Finalmente, algunhas crías foron retiradas dos seus tobos, despois da morte das súas nais. Esas crías leváronse aos campamentos humanos e criáronse xunta das persoas. Co pasar do tempo, houbo unha selección dos animais máis mansos. Isto levou finalmente á creación de novas especies, como os cans domésticos, e mais os correspondentes domésticos de ovellas e bovinos salvaxes.

A agricultura na antiga Roma miniatura|Escena de recolección na época romana. Nos primeiros tempos de Roma cultivábanse principalmente cereais, leguminosas e hortalizas, pero na época da expansión republicana e imperial a agricultura incluía, ademais do trigo (o pan foi sempre a base da alimentación) os outros dous elementos da chamada tríade ou triloxía mediterránea.

O campesiño traballaba coa súa familia, nun modelo literariamente idealizado de vida sinxela (base dos valores morais, familiares e públicos, e da participación na res publica); pero coa expansión territorial, a continuidade do esforzo bélico, que esixía un prolongado servizo militar dos cidadáns, arruinou as pequenas explotacións en beneficio do modo de produción escravista. Nese sistema incluíase a maior parte da produción agrícola, tanto a dos modestos lotes de terras repartidos a soldados veteranos como os grandes latifundios en mans da aristocracia senatorial. Na lenta transición do escravismo ao feudalismo, a partir da crise do século III, substituíronse os escravos por servos, e o Imperio ruralizouse, pasando as villae rurais a ser centros autosuficientes, en prexuízo das decadentes cidades.

Idade Media miniatura|Labores agrícolas, 818 d. C., Salzburgo.

Ao longo da Idade Media, tanto en Europa como no mundo islámico, xorden importantes innovacións tecnolóxicas que achegarán algúns elementos positivos ao traballo dos campesiños, incluída a introdución e difusión de plantas de cultivo coma a remolacha, o arroz, o algodón e árbores froiteiros (como a laranxeira) en Europa a través do Al-Andalus. As principais innovacións na agricultura medieval debéronse ao maior dinamismo do modo de produción feudal, que supoñía para os servos un maior incentivo na mellora da produción que para os escravos. As Partidas de Afonso X o Sabio definen aos campesiños dentro da sociedade estamental como os que labran a terra e fazen nela aquelas cousas polas que os homes han de vivir e de manterse. Este campesiñado activo foi a forza fundamental do traballo na sociedade medieval.

A introdución do uso de arados pesados (con rodas e orelleira) permitiu un cultivo máis profundo dos chans do norte de Europa (incorporouse ao longo do século XI nas rexións ao norte dos Alpes, mentres que os chans fráxiles da zona mediterránea seguían vinculados ao arado romano). Os muíños hidráulicos (posteriormente os de vento introducidos desde Persia) incrementaron de forma importante a produtividade do traballo, do mesmo xeito que a mellora paulatina dos apeiros agrícolas, como novos tipos de mallos, fouces e gadañas. miniatura|esquerda| Malla tradicional con un mallo (imaxe do Oriente Próximo). thumb|Debuxo dun campesiño medieval usando a gadaña.