O leite vexetalA lexislación europea reserva a denominación "leite" para o produto de orixe animal, polo que debe evitarse a utilización do termo "leite" para o nome específico destes produtos. Porén o termo xeral pode contelo, porque especifica que é de orixe vexetal. A partir de Buscatermos da USC. é unha bebida que procede dunha fonte vexetal de aspecto e propiedades nutricionais semellantes ao do leite de orixe animal que se emprega como substituto deste en dietas especiais, especialmente vexetarianas e veganas.
Elabóranse con froitos secos, cereais e sementes de legumes, tendo un aspecto semellante ao do leite de orixe animal. A variedade máis popular é a bebida de soia. Hai diversas razóns para consumir "leite" de orixe vexetal, como: a intolerancia á lactosa, crenzas relixiosas, veganismo. A respecto das propiedades nutricionais hai desconformidade na comunidade científica en comparación co leite animal.
"Leites" de cereais thumb|Bebida de arroz nunha cunca.
Bebida de arroz Bebida de avea Bebida de quinoa Bebida de centeo Bebida de orxo
"Leites" de legumes thumb|Bebida de soia e arroz.
Bebida de chícharo Bebida de chícharo de raposo Bebida de cacahuete Bebida de soia
"Leites" de froitos secos Bebida de améndoa Bebida de anacardio Bebida de abelá Bebida de coco Bebida de noces
"Leites" de sementes
Bebida de cánabo Bebida de semente de xirasol Bebida de semente de sésamo Bebida de amaranto
Notas
Categoría:Leite vexetal