miniatura|dereita|Rosalía de Castro nun billete español de 500 pesetas de 1978. O papel moeda, tamén chamado billete ou carto, é un documento oficial, un título de crédito con algúns valores estándares estampados nas súas faces, que é emitido por un goberno por medio dun órgano específico, xeralmente un banco central, para servir como medio de pagamento e representación de base monetaria dun país ou dunha rexión económica, como é o caso da CEE. A súa orixe está intimamente relacionada á moeda metálica e aos títulos bancarios, pois, antes da súa adopción xeneralizada polos diversos países do mundo, o valor expresado no billete significaba a existencia dunha certa cantidade de riqueza, que xeralmente era ouro depositado nun banco. O costume do diñeiro, isto é, dos cartos seren un símbolo dunha cantidade de ouro era coñecido como padrón ouro.
Grosso modo, o papel moeda é un tipo de diñeiro fiduciario, no cal o seu valor de face non corresponde a ningún valor intrínseco, mais ten como lastre só a confianza do goberno emitente. Co correr do tempo e co establecemento das economías nacionais, a relación de paridade entre riqueza depositada e valor de face do billete foi abandonada polos gobernos, o que se chamou de inconvertibilidade, é dicir, o valor estampado no papel deixou de significar un valor real para pasar a ser mera cifra abstracta. Esta circunstancia, entre outros factores, fixo xurdir entre as diversas moedas nacionais un relación de avaliación e troco, na que o valor da moeda dun país pode aumentar ou diminuír cando comparada á doutro país. miniatura|Billetes de euro de diversos valores. Nas economías dos países en xeral, o papel moeda circula de modo concomitante co diñeiro escritural, o cal existe só como rexistro nunha institución financeira e testifica certa cantidade de papel moeda en nome dun propietario. Tamén, co aumento da capacidade computacional, este tipo ten circulado ao lado do diñeiro electrónico.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Billete funerario
Categoría:Política económica Categoría:Billetes