Buscando el norte é unha serie de televisión cómica española producida por Aparte Producciones para a súa emisión en Antena 3. É a adaptación do filme Perdiendo el norte. A súa estrea foi o 10 de febreiro de 2016.
Sinopse Álex (Antonio Velázquez), un enfermeiro, e a súa irmá Carol (Belén Cuesta), unha deseñadora gráfica, que deciden irse a Berlín ante o pobre panorama do mercado laboral español. Con eles irase Manuela (Elisa Mouliaá) a noiva de Álex, de 30 anos e tola da planificación. Tanto que, nos 8 anos de relación co enfermeiro xa decidiu cando e como tiña que coñecer aos seus pais, cando e como Álex debía pedirlle matrimonio, que anel teríalle que regalar ou que hipoteca habería de asinar.
Lucas (Fele Martínez) é un home de 37 anos que traballaba como funcionario nun concello. Esa era a súa meta na vida, ter un traballo tranquilo e unha vida moderadamente resolta. Conseguiría o seu soño de non ser por Flor (Bárbara Santa-Cruz), a súa muller, que ten outras metas. Ela é executiva dunha grande empresa e ten que trasladarse a Berlín, polo que Lucas deberá renunciar á súa praza no concello e marchar xunto á súa esposa a Alemaña.
Adela (Silvia Alonso) é unha moza filóloga xermánica establecida en Berlín como profesora de clases de alemán, colaborando cunha axencia para facilitar as oportunidades laborais dos emigrantes que recibe Alemaña. En canto á súa situación persoal, Adela é filla única e, sendo abandonada polo seu pai, tratará de mellorar as condicións de vida da súa nai axudándoa a pagar as súas facturas. O seu pai (Luis Zahera) aparecerá para instalarse con ela.
Nines (Terele Pávez) é unha granadina que emigrou a Alemaña na súa mocidade, e agora pasa os seus últimos días nunha residencia de anciáns. Chus (Goizalde Núñez) é unha española que tivo que separarse dos seus fillos porqué tiña que irse ao país xermánico a buscar un traballo e a reencontrarse co seu home (Jorge Bosch) que xa emigrara anteriormente. Arturo (Jesús Carroza) é o mellor amigo de Álex.
Ulrike (Kimberley Tell) é a responsable da residencia alemá onde Nines vive e na que acaba Álex traballando. Os seus pais, Marcelino e Anke (Ferran Rañé e Gillian Apter), son propietarios dun bar na capital alemá, lugar de reunión para os emigrantes españois.
Actores e personaxes Belén Cuesta é Carolina "Carol" Ruiz Antonio Velázquez é Alejandro "Álex" Ruiz Manuel Burque é Salvador "Salva" Clemente Kimberley Tell é Ulrike Ruiz Köhler Elisa Mouliaá é Manuela Nogués Jorge Bosch é Jaime Carrasco Goizalde Núñez é Chus Soto Silvia Alonso é Adela Llamazares Jesús Carroza é Arturo Aragonés Gillian Apter é Anke Köhler Daniel Horvath é Jürgen Luis Zahera é Roberto Llamazares Fele Martínez é Lucas Moreno Ferrán Rañé é Marcelino Ruiz Óscar Ladoire é Ramón Ruiz Bárbara Santa-Cruz é Flor Trujillo Terele Pávez é Nines
Episodios e audiencias O primeiro episodio da serie estreouse de maneira simultánea en tres canles do grupo Atresmedia: Antena 3, Neox e Atreseries.'Buscando el norte' a por todas: terá estrea simultánea en Antena 3, Neox, Atreseries e Atresplayer
As audiencias do primeiro episodio foron en total (4.246.000 e 23,4%): Antena 3: 3 466 000 e 19,1% Neox: 670 000 e 3,7% Atreseries: 110 000 e 0,6%
Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media Espectadores Share 1 8 10 de febreiro de 2016 6 de abril de 2016 2 755 000 15,3%'Buscando el norte' despide tempada á baixa cunhamedia de 15,3%
Primeira tempada (2016) N.º(serie) N.º(temp.) Título Director(es) Data de emisión Audiencia
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Antena 3 Categoría:Series de televisión iniciadas en 2016