Edelmiro Bascuas López, nado na Meda (Castroverde) o 15 de abril de 1931 e finado na Coruña o 10 de febreiro de 2011, foi un teólogo e lingüista galego.

Traxectoria Estudou no seminario de Mondoñedo, e pasou a ser mestre de grego e francés no propio centro. En 1957 graduouse en Teoloxía na Universidade de Salamanca, e en 1968 licenciouse en linguas clásicas na Universidade de Madrid. Aprobou oposicións a cátedra, e exerceu como profesor de grego no ensino medio en Valencia e no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña.

Estudoso da hidronimia, colaborou en publicacións como Veleia, Estudios Mindonienses, Studi Celtici, Paleohispánica ou Verba.

Obra Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega (Verba, anexo 51; 2002) Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia (2006) Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega (2014)

Notas

Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes