Anhinga é un xénero de aves acuáticas principalmente tropicais, único xénero da familia Anhingidae, que comprende catro especies vivas, tres delas comúns e amplamente distribuídas e unha escasa e clasificada como "case ameazada" pola IUCN. As súas plumas enchóupanse de auga cando nada, polo que despois ten que poñerse ao sol coas ás estendidas para secarse.

Nome O nome Anhinga deriva da palabra da lingua tupí ajíŋa (ás veces transcrita como áyinga ou ayingá), que na mitoloxía local significa espírito demoníaco dos bosques, que adoita traducirse por "paxaro demo". O nome cambiou a anhingá ou anhangá e anhinga cando se incorporou ao portugués do Brasil (onde ten moitos nomes amerindios), e é palabra masculina (o anhinga).Jobling (1991), MW Noutros idiomas chámanlle "ave serpe", como por exemplo, en inglés (snakebird, pero tamén darter ou wild-turkey), debido ao seu longo pescozo, que o fai parecer como unha serpe cando nada co corpo mergullado ou cando as parellas enroscan o pescozo durante o apareamento, o que lembra o que fan as serpes. Teñen o costume de capturar os peixes dos que se alimenta empalándoos co seu peteiro fino e bicudo.

Descrición miniatura|esquerda|Un Anhinga en estado de alerta. miniatura|esquerda|Femia de A. anhinga engalando. miniatura|esquerda|Anhinga novaehollandiae de Australasia secando as súas ás ao sol. Os Anhinga son aves grandes que miden de 80 a 100 cm de lonxitude, cunha envergadura de ás de 120 cm, e un peso de 1050 a 1350 g. Presentan plumaxe con dimorfismo sexual. Os machos teñen plumas negras e marrón escuras, unha curta crista eréctil na caluga e un peteiro meirande que o das femias. As femias teñen plumaxe moito máis clara, especialmente no pescozo e parte ventral, e son un pouco máis grandes de corpo. Ambos os xéneros teñen un punteado gris sobre as plumas cobertoiras superiores das ás e as longas escapulares. As plumas son bastante permeables á auga, polo que teñen que secalas ao sol despois de mergullarse na auga. O peteiro é moi bicudo e coas beiras aserradas, presenta un padal desmognato e carece de orificios nasais externos. Os pés están completamente palmados, e as patas son curtas e situadas bastante atrás no corpo.Brodkorb & Mourer-Chauviré (1982), Myers et al.

Non hai plumaxe de eclipse (plumaxe menos rechamante despois da época de apareamento), pero as partes espidas varían de cor ao longo do ano. Durante a época de apareamento o seu pequeno saco gular muda de cor de rosa ou amarelo a negro, e a pel facial espida, normalmente amarela ou amarela verdosa, tórnase turquesa. Os iris cambian de cor de amarelo a vermello ou a marrón segundo a estación do ano. As crías eclosionan sen plumas, pero axiña lles crece penuxe branca ou torrada.Myers et al.

Entre as vocalizacións que emiten cando voan ou están pousados están un ruído repenicante. Nas colonias de aniñamento, os adultos comunícanse grallando, gruñindo ou chascando. Durante o apareamento, os adultos ás veces "grallan" ou emiten un salaio ou asubío. Os poliños novos no niño comunícanse con chamadas similares a chíos.

Distribución e ecoloxía

miniatura|esquerda|Femia de Anhinga (melanogaster) novaehollandiae, secando as súas plumas. miniatura|dereita|Macho da especie americana A. anhinga. Os Anhinga son aves de distribución principalmente tropical, que abrangue desde zonas subtropicais a, máis raramente, zonas temperadas cálidas. Habitan normalmente en lagos de auga doce, ríos, pantanos, marismas, e menos frecuentemente ao longo da costa en estuarios salobres, baías, lagoas costeiras e mangleirais. A maioría son sedentarias e non migran; pero si o poden facer as poboacións que viven nas partes máis frías da súa área de distribución. O seu modo de voo preferido é remontarse e planear; pero en voo batente son bastante torpes. En terra camiñan a grandes pasos, e axúdanse das ás para mellorar o equilibrio, de xeito parecido a como andan os pelicanos. Adoitan reunirse en bandadas, ás veces de ata 100 individuos, e asócianse frecuentemente con cegoñas, garzas ou ibis, pero son moi territoriais no seu niño, porque malia seren aniñadores coloniais, as parellas que están aniñando, especialmente os machos; peteiran decididamente a calquera ave que se aventure dentro do raio de alcance do seu peteiro e longo pescozo. A A. melanogaster sensu stricto é unha especie "case ameazada". A destrución do hábitat entre outras interferencias humanas (como a colección de ovos ou o exceso de uso de pesticidas) son as principais razóns do declive das súas poboacións.Answers.com , BLI (2009), Myers et al. .

Aliméntanse principalmente de peixes de tamaño medio;Por exemplo, peixes das familias Centrarchidae, Cichlidae, Cyprinidae, Cyprinodontidae, Mugilidae, Plotosidae e Poeciliidae (Myers et al. ) e moito máis raramente comen outros vertebrados acuáticosPor exemplo anfibios anuros e caudados, cobras, sapoconchos e mesmo crías de crocodilianos (Myers et al. ) e de invertebrados grandesPor exemplo, crustáceos, insectos, sambesugas e moluscos (Myers et al. ) de tamaño comparable. Nadan propulsándose cos pés palmados e axexan silenciosamente e emboscan as súas presas; despois usan o seu agudo peteiro para empalar a presa. Non se mergulla profundamente senón que aproveita a súa baixa liña de flotación que se debe a que as súas plumas se mollan, aos seus pequenos sacos aéreos e a que teñen ósos densos. Na parte inferior das vértebras cervicais 5ª a 7ª teñen unha quilla, que serve para que se unan a ela músculos que forman un mecanismo similar a un gonzo ou bisagra que pode proxectar o pescozo, cabeza e peteiro cara a adiante como un arpón arreboladizo. Unha vez que empalou a súa presa na auga, volve á superficie onde guinda a presa no aire e recóllea de novo, de maneira que a poida tragar empezando pola cabeza. Igual que lles ocorre aos corvos mariños, teñen unhas glándulas uropixiais vestixiais, polo que non teñen graxa dabondo para impermeabilizar as plumas, e a súa plumaxe móllase cando se mergullan. Para secaren despois as plumas, procuran un lugar seguro en terra e estenden as ás. Fan unha muda síncrona de todas as plumas rémixes primarias e secundarias polo que temporalmente non poden voar, aínda que é posible que algúns individuos realicen mudas incompletas.

Os predadores destas aves son principalmente outras aves carnívoras, entre elas paseriformes como os corvos Corvus coronoides e Corvus splendens, e as tartarañas das xunqueiras Circus aeruginosus, e aguias como Haliaeetus leucoryphus. Tamén se produce predación por crocodilos (Crocodylus). Pero moitos predadores potenciais procuran non intentar capturar os Anhinga porque co seu longo pescozo e afiado peteiro e o seu mecanismo para "emplar" son aves perigosas mesmo para mamíferos carnívors máis grandes, e estas aves mesmo atacan avanzando ofensivamente cara ao intruso en vez de defenderse pasivamente ou fuxir.Kennedy et al. (1996), Myers et al.

Normalmente crían en colonias, ocasionalmente mesturados con corvos mariños ou garzas. Forman parellas monógamas polo menos durante unha tempada de apareamento. Realizan diferentes tipos de exhibicións de apareamento. Os machos exhíbense para atraer as femias elevando (pero non estirando) as súas ás e móvenas de modo alternante, dobrando o corpo e chascando o peteiro, ou dando ramiñas a parellas potenciais. Para estreitaren os lazos entre a parella, fretan os seus peteiros ou móvenos apuntando arriba e abaixo ou dobran os seus pescozos ao unísono. Cando un membro da parella vén relevar ao outro no niño, os machos e as femias utilizan a mesma exhibición que durante o cortexo; durante os cambios de garda no niño, estas aves poden tamén "bocexar".

O apareamento é estacional no extremo norte da súa área de distribución (o máximo é en marzo/abril); noutras zonas poden criar durante todo o ano. Os niños están feitos de ramiñas e forrados de follas; constrúenos nas árbores ou xuncos, xeralmente preto da auga. Normalmente, o macho reúne o material para facer o niño e lévallo á femia, a cal fai a maior parte dos traballos de construción do niño. A construción do niño tardan só uns poucos días (tres como máximo), e a parella copula no lugar onde está o niño. O tamaño da posta é de 2 a 6 ovos (xeralmente catro), que son de cor verde clara. Depositan os ovos nun período de 24 a 48 horas e incúbanos durante de 25 a 30 días unha vez que puxeron o primeiro; eclosionan asincronicamente. Para dárenlle calor aos ovos, a parella cóbreos cos seus grandes pés palmados, porque, igual que os seus parentes, carecen de placa de incubación. A última cría que eclosiona xeralmente morre de fame naqueles anos en que escasea a comida. As crías reciben coidados biparentais e son considerados altriciais. Son alimentadas por regurxitación de comida parcialmente dixerida cando son noviñas, pero despois son alimentados con pezas enteiras a medida que medran. Unha vez que empluman, as crías son alimentadas unhas dúas semanas máis mentres aprenden a cazar por si mesmas.Answers.com , Myers et al.

Os Anhinga chegan á madureza sexual en aproximadamente dous anos, e xeralmente viven uns nove anos; a súa vida máxima crese que é duns dezaseis anos.AnAge , Myers et al.

Os ovos destas aves son comestibles e algúns considéranos deliciosos, polo que nalgúns lugares son recollidos para a alimentación humana. Ás veces tamén se comen os adultos, xa que son aves con bastante carne (comparable á dun parrulo doméstico); porén, como outras aves que se alimentan de peixes, como os corvos mariños ou os patos mariños, non teñen un sabor particularmente bo. Os ovos de Anhinga e as crías son tamén recollidos nalgúns lugares para crialos en casa, ás veces para comelos despois, pero algúns nómades de Assam e Bengala adestran a estas aves para que pesquen para eles (como na pesca con corvos mariños), pero esta práctica estase a abandonar a medida que os nómades se están facendo sedentarios nas últimas décadas. Por outra parte, como indica a etimoloxía de "anhinga" indicada ao principio, os pobos tupí parece que consideraban estas aves como de mal agoiro.

Sistemática e evolución miniatura|Un Anhinga rufa no río Chobe, Botswana. Esta familia está moi emparentada con outras familias da suborde Sulae, é dicir, os Phalacrocoracidae (corvos mariños) e os Sulidae (mascatos). Os corvos mariños e os Anhinga son extremadamente similares en canto ao esqueleto do seu corpo e patas e poden ser uns taxons irmáns. De feito, varios Anhinga fósiles consideráronse inicialmente como corvos mariños (véxase máis abaixo). Algúns autores incluíron inicialmente os Anhinga dentro da familia Phalacrocoracidae como a subfamilia Anhinginae, pero hoxe isto é considerado xeralmente un sobreagrupamento. Porén, como isto concorda bastante ben coas evidencias fósilesPor exemplo, xéneros como Borvocarbo, Limicorallus ou Piscator (Mayr 2009): pp.65–67 algúns unen Anhingidae e Phalacrocoracidae nunha superfamilia denominada Phalacrocoracoidea.Brodkorb & Mourer-Chauviré (1982), Olson (1985): p.207, Becker (1986), Christidis & Boles (2008): p.100, Mayr (2009): pp.67–70, Myers et al.