miniatura|dereita|Fachada da casa. A casa Alegre de Sagrera é un edificio-museo da rúa da Font Vella, núm. 29, de Terrasa. En orixe, foi a casa natal de Joaquim de Sagrera, fabricante téxtil de finais do século XVIII e comezos do XIX que tivo un papel destacado na Guerra da Independencia española. Malia que data de comezos do século pasado, a súa aparencia actual é o resultado da reforma modernista levada a termo por Melcior Viñals, arquitecto municipal, a comezos do século XX, en tempos dos sucesores do propietario orixinario, Francesc Alegre i Roig e Mercè de Sagrera, xa que quedara moi prexudicada por mor da invasión das tropas napoleónicas. A casa, actualmente unha das seccións do Museo de Terrasa, é un modelo de vivenda da burguesía industrial da época. miniatura|esquerda|Retrato de Joaquim de Sagrera na galería do Concello. Despois de que a mediados do século XX, grazas a unha campaña impulsada pola prensa local e a Xunta Municipal de Museos, se impedise unha reforma drástica do edificio que o modificaría totalmente, a casa Alegre de Sagrera foi adquirida polo Concello en 1973 co apoio da Caixa de Aforros de Terrasa.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas La casa Alegre de Sagrera, Quaderns del Museu de Terrassa, núm. 2; Terrassa, 1997.
Categoría:Terrasa