miniatura|200px|Tarsio filipino coa cría. miniatura|200px|Tarsio filipino gabeando. Carlito syrichta é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme da familia dos tarsíidos, o único do xénero Carlito,Groves, C. & Shekelle, M. (2010): "The Genera and Species of Tarsiidae" International Journal of Primatology 31 (6): 1071–1082. coñecido na bibliografía internacional como tarsio filipino e, localmente, como mawmag en cebuano, nas Visayas, como mamag en Luzón, e como mal entre os t'boli, un dos pobos indíxenas da provincia de Maguindanao, na Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán, no suroeste da illa de Mindanao.

Até hai poucos anos estivo clasificado como Tarsius syrichta,<ref name=M>Tarsius syrichta en Mammal Species of the World.</ref> pero en 2010 reclasificouse como a única especie do novo xénero Carlito.

É unha especie endémica de Filipinas, encontrándose na parte sueste do arquipélago, particularmente nas illas de Bohol, Samar, Leyte e Mindanao.

Taxonomía Descrición Xénero Como quedou dito, durante moito tempo, e até moi poucos anos, a especie estivo clasificada dentro do xénero Tarsius. O novo xénero Carlito foi descrito en 2010 polos investigadores Colin Groves, profesor de antropoloxía biolóxica da Australian National University de Canberra,Professor Colin Groves, Curriculum . e Myron Shekelle, biólogo evolutivo, ecólogo e taxonomista da Western Washington University, de Bellingham, Estados Unidos,Myron Shekelle, Profile. no artigo "The Genera and Species of Tarsiidae" publicado en International Journal of Primatology 31 (6): 1071–1082.

Especie A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Simia syrichta.Simia Linnaeus, 1758 en Fossilworks (Paleobiology Database) .Carlito syrichta (Linnaeus 1758) en Fossilworks (Paleobiology Database).Simia foi un dos catro xéneros nos que Linneo dividiu a orde dos primates, xunto con Homo, Lemur e Vespertilio. Vespertilio incluía a todos os morcegos e separouse cando se creou o taxon Chiroptera, Homo contiña aos humanos e os chimpancés (Homo sapiens e Homo troglodytes, respectivamente), Lemur comprendía catro lémures e un colugo, e Simia englobaba ao resto, era un taxon caixón de xastre dos primates (e, evidentemente, parafilético). É interesante facer notar que Linneo non cría que Homo formara un grupo distinto de Simia, pero os separou inicialmente para evitar conflitos coas autoridades relixiosas. Tendo en conta esta inclusión, Simia equivalería aproximadamente á actual suborde dos haplorrinos (mentres que Lemur sería máis ou menos a dos estrepsirrinos).

Sinónimos Especie Ademais de polo nome orixinario de Linneo, e o de Trasiu syrichta, a especie foi tamén coñecida polos sinónimoss seguintes:Shekelle, M. & Arboleda, I. (2008): Tarsius syrichta na Lista vermella de especies ameazadas da UICN- Versión 2015-4. Consultada o 17-02-2016. Tarsius carbonarius Heude, 1898 Tarsius fraterculus Miller, 1911 Tarsius philippinensis Meyer, 1894

Subespecies Dentro da especie, moitos autores distinguen as seguintes subespecies:"O tarsio filipino (Tarsius syrichta)" en El Zoológico lectrónico. Tarsius carbonarius syrichta (Linnaeus, 1758) - tarsio filipino (propiamente dito). — Hoxe Carlito syrichta syrichta (Linnaeus, 1758) Tarsius carbonarius carbonarius Heude, 1899 - tarsio de Mindanao. — Hoxe Carlito syrichta carbonarius (Heude, 1899) Tarsius carbonarius fraterculus Miller, 1910 - tarsio de Bohol. — Hoxe Carlito syrichta fraterculus (Miller, 1911) Tarsius syrichta syrichta na EOL.

Etimoloxías Xénero O nome do antigo xénero, Tarsius, deriva do latín tarsus, aludindo á lonxitude dos ósos tarsianos destes animais.Tarsius no Merriam-Webster Dictionary.

O novo xénero, Carlito, foi así bautizado por Groves e Shekelle na honra do famoso conservacionista filipino Carlito Pizarras, coñecido como Carlito "Lito" Pizarras, Nong Lito e "Tarsier Man".

A orixe do nome específico, syrichta, é escura.

Bioloxía miniatura|200px|Distribución de Carlito syrichta.

Hábitat e distribución

O seu hábitat natural son os bosques primarios (virxes) e secundarios de clima tropical, desde o nivel do mar até os 700 m de altitude. Estas selvas tropicais, de vexetación densa e frondosa, permítenlle gorecerse en árbores de pequeno tamaño ou noutros elementos que lles confiran protección, tales como herbas altas, matogueiras ou brotes de bambú, situándose non máis alá dos 2 m do solo.

Realmente habita en todo tipo de vexetación onde haxa árbores. Aínda que mostra preferencia pola vexetación secundaria (afectada pola man do home), pero tamén se encontra nos bosques primarios. Así mesmo pode verse en plantacións de plátano, café e outros cultivos durante o tempo en que estes florecen.

Distribúese polas selvas pouco densas do sueste do arquipélago filipino, principalmente nas illas de Samar, Leyte, Mindanao e Bohol.

A súa distribución xeográfica tamén inclúe as pequenas illas de Maripipi,Rickart, E. A.; Heaney, L. R.; Heidman, P. D. & Utzurrum, R. C. B. (1993): "The distribution and ecology of mammals on Leyte, Biliran, and Maripipi islands, Philippines". Fieldiana: Zoology 72: 1-62. Basilan.Lawrence, B. L. (1939): "Collections from the Philippine Islands". Mammals. Bulletin of the Museum of Comparative Zoology 86: 28-73. Siargao e Dinagat.

Membros dalgunhas tribos, como os b'laans os t'bolis dicían que tamén se encontraba na provincia de Sarangani, na illa de Mindanao, algo que finalmente se corroborou cando o 30 de marzo de 2002 se capturou unha parella desta especie nas zonas montañosas dos municipios de Maitum e Kiamba, aínda que poden ser de diferentes subespecies.

Caracterísiticas É un primate de tamaño reducido, duns 15 cm de lonxitude, o que fai moi difícil a súa localización. A cabeza e o tronco alcanzan unha lonxitude de 8 a 16 cm, aos que hai que engadir entre 13 e 27 cm da cola. Pesa de 85 a 165 g.

Os ollos son moi grandes. As orellas tamén son grandes e moi movíbeis: pódenas dobrar para mantelas pegadas á cabeza.

Os dedos son longos e delgados, e están ensanchados na súa porción distal nunha expansión en forma disco, adhesiva (o que facilita a súa suxeición ás pólas das árbores). Pola parte dorsal, os dedos rematan en uñas planas, agás no segundo e terceiro dedos de cada pata, que rematan en pequenas garras que usan para o aseo.

Costumes

Son nocturnos e insectívoros. Durante o día dormen en agochos escuros cerca do chan.

Poden xirar a cabeza 180º en ambos os sentidos e as súas grandes orellas membranosas parecen estar en continuo movemento.

Polos seus ollos, fixos ao cranio e abertos coma pratos, ostentan o récord Guinness do mamífero cos ollos máis grandes en relación ao tamaño do corpo.

Utilizan a súa longa e delgada cola, dúas veces máis grande que o tronco, para balancearse. Gabean verticalmente polas árbores e saltan de rama en rama.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brandon-Jones, D.; A. A. Eudey, T. Geissmann, C. P. Groves, D. J. Melnick, J. C. Morales, M. Shekelle & C. B. Stewart (2004): "Asian Primates Classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97-164. Resumo. Chiarelli, A. B. (1972): Taxonomic Atlas of Living Primates. Londres, Reino Unido e Nova York, USA: Academic Press. ISBN 0-12-172550-2. Groves, Colin P. (2001): Primate Taxonomy. Washington, USA e Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-56098-872-X. Gursky-Doyen, Sharon & Jatna Suprinata, eds. (2010): Indonesian Primates. Nova York / Dordrecht / Heidelberg / Londres: Springler. ISBN 978-1-4419-1559-3 / ISBN 978-1-4419-1559-7. Kowalski, Kazimierz (1981): "Suborden Tarsioidea", en: Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 320–321. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Primates of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6251-5. Parker, Sybil P. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Volume 2. Nova York, NY, USA: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 0-07-909508-9. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing. VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 290–292. Walker, Ernest P. (1975): Mammals of the World, Third Edition, Volumes I & II. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-1657-2. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. Wright, P. (2003): "Are Tarsiers Silently Leaping into Extinction?". pp. 296–308 en P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future. New Brunswick, New Jersey, USA: Rutgers University Press.

Outros artigos Primates Haplorrinos Tarsiiformes

Ligazóns externas "O tarsio filipino (Tarsius syrichta)" en El Zoológico lectrónico "A Visit to the Philippine Tarsier" en Bohol, Philippines, Gold's Life Paradise. 1 de decembro de 2002 Entrevista con Carlito Pizarras en Youtube Tarsius syrichta na ADW . Tarsius syrichta na EOL . [http://eol.org/pages/44528629/overview Tarsius syrichta syrichta]'' na EOL.

Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné