Antía Mato Bouzas, coñecida literariamente como Antía Nara,Biblioteca Nacional de España: "Mato Bouzas, Antía (1974-)" e "Nara, Antía (1974-)" nada en Santiago de Compostela en 1974Web da biblioteca da Universidade de Wisconsin-Madison, é unha politicóloga, tradutora e novelista galega en lingua galega.
Traxectoria Licenciouse e fixo un mestrado en Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela, onde fixo estudos sobre migracións. Proseguiu a súa formación na Universidade Jawaharlal Nehru, en Nova Delhi, no King's College e mais na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS) da Universidade de Londres, un dos centros punteiros do mundo no estudo de Asia e de África. En 2005 regresou a España e proseguiu a súa investigación na Universidade Nacional de Educación a Distancia, dentro do Instituto Universitario Gutiérrez Mellado, onde se doutora.
En 2006, traballou cunha bolsa na delegación da Comisión Europea en Dacca (Bangladesh), e posteriormente trasladouse a Berlín para incorporarse ao Zentrum Moderner Orient, onde realizou estudos sobre a área xeográfica de Caxemira e a rexión fronteiriza entre a India e Paquistán.
Como novelista, a súa primeira novela publicouna en 2007. Recuncou nas letras case unha década despois, en 2016, coa súa segunda novela.
Obra En galego Aquel lugar (Xerais, 2007) Cara ao leste (Xerais, 2016).
En castelán India y Pakistán. Conflicto y negociación en el sur de Asia (Biblioteca Nueva, 2011)Recensión de India y Pakistán. Conflicto y negociación en el sur de Asia por Esther Barbé Izuel.
Tradución Luces fóra, de Manjula Padmanabhan (Universidade da Coruña, 2006), publicada so o seu nome real de Antía Mato Bouzas.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Novelistas de Galicia Categoría:Politicólogos Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1974 Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes