Tarsius tarsier (Erxleben, 1777), moitas veces citada como Tarsius spectrum (Pallas, 1778),Tarsius spectrum (Pallas, 1778) en Catalogue of Life: 29th January 2016. Species 2000. ITIS. é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme e da súa única familia, a dos tarsíidos,Tarsius tarsier en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. que é o tipo do xénero Tarsius. Vive na illa indonesias de Selayar, e coñécese na bibliografía internacional como tarsio fantasma.

Até hai poucos anos incluíanse nas súas poboacións, ademais de na illa de Selayar, as do suroeste da illa Célebes, pero recentemente separáronse estas últimas nunha nova especie, Tarsius fuscus.Groves, C. & Shekelle, M. (2010): "The Genera and Species of Tarsiidae". International Journal of Primatology 31 (6): 1071–1082.

Taxonomía Unha taxonomía complicada A clasificación dos tarsios foi, durante moito tempo, confusa. Xa en 1780 o médico e naturalista alemán Storr sinalara as diferenzas entre os lémures e as especies que hoxe coñecemos cono tarsios, e argumentou a necesidade de separar estes dous taxa.Gursky, Sharon L. (2016): The Spectral Tarsier. London / New York: Routledge. ISBN 978-0-1318-9332-0, capítulo 1: Taxonomy History, páx. 2.

Daquela cuñou o novo xénero Tarsius,Tarsiidae en MSW. para reunir os pouco correntes primates que posuían uns excepcionalente longos ósos tasianos, e deulle o nome de Tarsius spectrum á especie que definira Pallas dous anos antes, en 1778, como Lemur spectrum (de aí é de onde procede o nome binomial actual Tarsius spectrum).

Descrición A especie foi descrita en 1777 polo naturalista alemán Johann Christian Erxleben, en Syst. Regni Anim., I. Mammalia: 71.

Sinónimos Ao longo do tempo, a especie foi coñecida tamén polos sinónimos seguintes: Tarsius buffonii (Link, 1795) Tarsius daubentonii Fischer, 1804 Tarsius fischerii Desmarest, 1804 Tarsius fuscomanus Fischer, 1804 Tarsius fuscus Fischer, 1804 Tarsius macrotarsos Schreber, 1778 Tarsius pallassii É. Geoffroy, 1796 Tarsius podje (Kerr, 1792) Tarsius spectrum (Pallas, 1778)

Etimoloxía O nome específico, tarsier, é unha voz do latín científico derivada do francés tarsier, "tarsio", que á súa vez esta tirado do latín tarsus, e este do grego antigo "esteira de vimbio", "ampla superficie plana"tarsier en wordreference.com.tarsier en memidex.com. ou, talvez, de tarse co sufixo -ier (e tarse do grego antigo ταρσός tarsós, "fileira dos dedos do extremo do pé", "tarso",etimoloxía de tarse no Trésor de la langue française informatisé. que é o máis plausíbel.

O outro nome específico, spectrum, co que moitas veces se cita, é unha voz latina que significa "imaxe, aparición, espectro".spectrum en Online Etymology Dictionary.

Características miniatura|230px|Lámina de Tarsius spectrum (Geoff.), vulgo "mago ó tarsiro espectro", no Bosquejo geográfico é histórico-natural del archipiélago Filipino, do enxeñeiro agrónomo español Ramón Jordana y Morera (1885).

Cando se consideran incluídas as poboacións de Tarsius fuscus dentro de T. tarsier, as femias pesaban entre 102 e 114 g, mentres que o peso dos machos era de entre 118 e 130 g. A lonxitude da cabeza e o tronco é de 9,5 a 14 cm, e a cola mide entre 20 e 26 cm.

A media de vida na natureza crese que é que de 10 anos; porén, o tarsio de Horsfield, estreitamente relacionado co fantasma, pode vivir até 17 anos en catividade, e pénsase que o tarsio fantasma pode ter unha lonxevidad similar.Mogk, K. (2012): Tarsius tarsier, en Animal Diversity Web.

O tarsio fantasma mostra adaptacións extremas para aferrarse verticalmente, gabear e desprazarse saltando no seu hábitat adecuado, o sotobosque dos bosques tropicais, a miúdo a 2 m ou menos do solo, aínda que, aparentemente, menos que outros tarsios, como o tarsio filipino ou o de Horsfield, xa que, por exemplo, carece de dedos adhesivos.

Pénsase que o seu ámbito ou área de vida é de ao redor dunha hectárea ou menor.Kappeler, P. M. (2011): "Chapter 2: The Behavioral Ecology of Strepsirrhines and Tarsiers Evolution of Primate Societies" en J. C. Mitani, J. Call, P. M. Kappeler, R. A. Palombit & J. B. Silk, eds. The Evolution of Primate Societies. Chicago: The University of Chicago Press. pp. 17–42. ISBN 978-0-2265-3172-4.Bloomberg, P. T. (2014): Criaturas Fascinantes: Mono tarsero y Ornitorrinco. Bloomington, Indiana, USA: Palibrio. ISBN 978-1-4633-7615-4.

Hábitat e distribución A área de dispersión dos tarsios fantasmas circunscríbese a Indonesia, concretamente son endémicos da illa Célebes, das próximas illas Buton, Muna, Kabaena, Selayar e as illas Togian. Nelas están presentes até altitudes de 1 100 a 1500 m sobre o nivel do mar.

É moi probábel que as súas poboacións estean subdivididas en numerosas subespecies alopátricas (insulares) e parapátricas, segundo algunhas hipóteses recentes.Shekelle, M. & Leksono, S. M. (2004): "Conservation strategy in Sulawesi Island using Tarsius as Flagship Species" Biota IX (1): 1-10.Brandon-Jones, D.; Eudey, A. A.; Geissman, T.; Groves, C. P.; Melnick, D. J.; Morales, J. C.: Shekelle, M. & Stewart, C. B. (2004): "Asian primate classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97–164.

De acordo con diversos estudos, este taxon encóntrase en bosques primarios (virxes), secundarios (afectados pola man do home), mangleiros, cultivos e xardíns, así como nunha certa variedade doutros hábitats con diferentes graos de perturbación humana, pero que subministren cobertura arbustiva adecuada.

Comportamento

Son primates de hábitos nocturnos, que viven en grupos pequenos de 2 a 6 individuos, de costumes monogámicas ou poligámicas.

A súa dieta componse nun 100 % de presas animais vivas (son carnívoros), fundamentalmente insectos (insectívoros) e, ocasionalmente, algúns pequenos vertebrados, como roedores e réptiles.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brandon-Jones, D.; A. A. Eudey, T. Geissmann, C. P. Groves, D. J. Melnick, J. C. Morales, M. Shekelle & C. B. Stewart (2004): "Asian Primates Classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97-164. Resumo. Chiarelli, A. B. (1972): Taxonomic Atlas of Living Primates. Londres, UK & Nova York, EEUU: Academic Press. ISBN 0-1217-2550-2. Groves, Colin P. (2001): Primate Taxonomy. Washington, USA e Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-5609-8872-X. Gursky-Doyen, Sharon & Jatna Suprinata, eds. (2010): Indonesian Primates. Nova York / Dordrecht / Heidelberg / Londres: Springler. ISBN 978-1-4419-1559-3 / ISBN 978-1-4419-1559-7. Kowalski, Kazimierz (1981): "Suborden Tarsioidea", en: Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 320–321. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Primates of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6251-5. Parker, Sybil P. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Volume 2. Nova York, NY, EEUU: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 0-0790-9508-9. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing. VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 290–292. Walker, Ernest P. (1975): Mammals of the World, Third Edition, Volumes I & II. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-1657-2. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. Wright, P. (2003): "Are Tarsiers Silently Leaping into Extinction?". pp. 296–308 en P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future. New Brunswick, New Jersey, USA: Rutgers University Press.

Outros artigos Primates Haplorrinos Tarsiiformes

Ligazóns externas Tarsius tarsier na ADW. Con abundantes informacións e bibliografía . Tarsius tarsier na EOL.

Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 1777