Tarsius dentatus é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme da familia dos tarsíidos e xénero Tarsius,<ref name=M>Tarsius dentatus en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World.</ref> coñecido na bibliografía internacional como tarsio dentado ou tarsio de Dian, endémica das selvas da illa Célebes.Shekelle, M.; Salim, A. & Merker, S. (2008): Tarsius dentatus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN- Versión 2015-4. Consultada o 20-02-2016.

Antigamente foi coñecido como Trasius dianae.Tarsius dianae Niemitz, Nietsch, Warter and Rumpler, 1991 no ITIS.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita orixinariamente en 1921 polos zoólogos estadounidenses Gerrit Smith Miller, Jr e Ned Hollister, en Proc. Biol. Soc. Wash., 34: 103.

En 1991 Niemitz, Nietsch, Warter e Rumpler caracterizaron unha suposta nova especie que foi denominada Tarsius dianae. Porén, en 1997, Shekelle e colaboradores propuxeron que T. dianae é un sinónimo de T. dentatus. Cómpren análises adicionais para determinar se son a mesma especie.

SinónimoTarsius dentatus coñécese tamén polo sinónimo Tarsius dianae.

Etimoloxía O nome específico, dentatus, deriva do adxectivo latino dentatus, -a, -um, "dentado", "que ten dentes", aludindo aos seus grandes incisivos.

Características Como todos os tarsios, é un animal de pequeno tamaño, órbitas moi grandes e ósos tarsianos moi alongados, coa cabeza arredondada cun fociño reducido e o pescozo curto. Tarsius dentatus é máis grande que T. pumilus e de tamaño similar ao de T. tarsier, xa que ten unha lonxitude de cabeza e tronco de 11,5 ou 12 cm, e unha cola de 22 cm.A cor da capa de Tarsius dentatus é parda agrisada, e a cola está espida a excepción dunha guedella de poucos pelo ao final. Pode identificarse pola presenza de pelos curtos, brancos, flanqueando o labio superior e no medio do labio inferior, e pode distinguirse de T. tarsier pola falta de pelaxe marrón nas cadeiras, coxas e xeonllos, e pola pigmentación máis escura na cola, dedos e uñas; e tamén ten unha banda negra máis visíbel na pel que rodea os ollos que T. tarsier.As súas orellas son máis curtas e máis anchas que as de T. tarsier, e hai un parche sen pelo na base de cada orella. As femias teñen dous pares de glándulas mamarias.Niemitz, C. et al. (1991).Nowak, Ronald M. (1999).

A súa fórmula dentaria é 2/1:1:3:3. Os incisivos superiores e inferiores son grandes e afiados (ao que alude o seu nome), e os caninos superiores son pequenos.Jablonski, N. (2003): "The Evolution of the Tarsiid Niche". En P. Wright, E. Simons & S, Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future. New Brunswick: Rutgers University Press, pp.35-49.

Bioloxía

Hábitat e distribución O tarsio de Dian vive nos bosques húmidos primarios e secundarios sobre todo na provincia de Sulawesi central (Célebres Centro), Indonesia. A súa presenza está determinada en gran parte polas súas vocalizacións. A maioría dos espécimes viven na Reserva da Natureza de Morowali e no Parque Nacional de Lore Lindu. Estudos de campo revelan que a densidade de poboación da especie varía de 129 a 136 individuos por quilómetro cadrado.Groves, C. (2003): "The Tarsiers of Sulawesi". En P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future. New Brunswick: Rutgers University Press, pp. 179-195.

A altitudes de 500 a 1000 m, a densidade da poboación estímase en 180 individuos/km2, mentres que de 1000 a 1500 m, observáronse só 57 individuos/km2. A poboación tamén é aproximadamente dez veces máis densa nos bosques secundarios que nos primarios.Flannery, S. (2007): "The Primata". En Primate Fact Sheets . Consultado o 21-02-2016.

Costumes Vive en grupos de menos de 8 individuos compostos por un macho adulto e dunha a 3 femias adultas e as súas crías. De hábitos nocturnos, pasan o día durmindo nun agocho en lugares con follaxe denso, troncos caídos e cavidades de árbores, e pola noite saen a cazar e a comer. Antes do amencer, os tarsios adultos e subadultos realizan duetos vocais para fortaleceren a unión do grupo e sinalar os seus territorios.Tarsius dentatus na ADW.

Nutrición Aliméntase, como os outros tarsios, de insectos e outros pequenos animais. Porén, os hábitos alimentarios específicos de Tarsius dentatus aínda non foron ben estudados.

Reprodución Aínda que se cría que os tarsios eran monógamos, algúns estudos demostraron que os de Sulawesi exhiben facultativamente comportamentos de polixinia (unión dun macho con varias femias), e forman fortes lazos entre o macho e as femias. Os machos son máis territoriais que as femias, e teñen territorios máis amplos.

Non se estudou aínda o comportamento reprodutivo de Tarsius dentatus. En xeral, as femias dos tarsios paren unha cría por ano tras un longo período de xestación. O ritmo de desenvolvemento fetal e posnatal dos tarsios é un dos máis lentos de todos os mamíferos. As crías son tamén proporcionalmente as máis grandes de todas as dos primates non antropoideos. A maior parte da súa masa componse da do cerebro, ollos e cranio. Esta achega de recursos para o cerebro conduce á rápida evolución dos comportamentos locomotores e de forraxeo.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status de Tarsius dentatus como VU (vulnerable) debido á perda de polo menos un 30 % do seu hábitat nos últimos 20 anos (aproximadamente, 3 xeracións). Desde 1990 até o 2000, do 15 ao 26 % dos hábitats boscosos da illa convertéronse en terreos agrícolas, e desde entón perdeuse polo menos un 10 % adicional.

Todo iso a pesar dos hábitos nocturnos da especie, da súa capacidade para adaptarse a hábitats modificados e a que viven en amplas zonas protexidas. Pero pese aos esforzos por preservar eses parques, a especie aínda está ameazada por destrución do hábitat e a caza polos seres humanos. Moitas comunidades agrarias cazan dentro do Parque Nacional de Lore Lindu e doutras áreas protexidas, e utilizan a madeira e as rozas como fonte de ingresos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brandon-Jones, D.; A. A. Eudey, T. Geissmann, C. P. Groves, D. J. Melnick, J. C. Morales, M. Shekelle & C. B. Stewart (2004): "Asian Primates Classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97-164. Resumo. Chiarelli, A. B. (1972): Taxonomic Atlas of Living Primates. Londres, Reino Unido e Nova York, USA: Academic Press. ISBN 0-1217-2550-2. Groves, Colin P. (2001): Primate Taxonomy. Washington, USA e Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-5609-8872-X. Kowalski, Kazimierz (1981): "Suborden Tarsioidea", en: Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 320–321. Niemitz, C.; A. Nietsch; S. Warter & Y. Rumpler (1991): "Tarsius dentatus: A New Primate Species from Central Sulawesi (Indonesia)". Folia Primatologica, 56 (2): 105-116. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Primates of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6251-5. Parker, Sybil P. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Volume 2. Nova York, NY, USA: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 0-0790-9508-9. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing. VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 290–292. Walker, Ernest P. (1975): Mammals of the World, Third Edition, Volumes I & II. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-1657-2. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. Wright, P. (2003): "Are Tarsiers Silently Leaping into Extinction?". pp. 296–308 en P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future''. New Brunswick, New Jersey, USA: Rutgers University Press.

Outros artigos Primates Haplorrinos Tarsiiformes

Ligazóns externas Dian’s tarsier (Tarsius dentatus) en ARKive. Con información, imaxes e bibliografía . Tarsius dentatus Dian's tarsier na ADW. Con abundantísima información e bibliografía . Tarsius dianae na EOL.

Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 1921