O siríaco (en alfabeto siríaco: ܠܫܢܐ ܣܘܪܝܝܐ, Leššānā Suryāyā), tamén coñecido como arameo siríaco, é un dialecto do arameo medio que outrora foi falado no Crecente Fértil e en Arabia oriental. Aparecendo arredor do século I en Edesa, o siríaco clásico converteuse na meirande lingua literaria de Oriente Medio dende o século IV ata o século VIII, preservada nunha gran literatura. Ademais, a literatura siríaca comprende arredor do 90% da literatura aramea existente.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pobo asirio

Categoría:Linguas semíticas Categoría:Linguas de Bahrain Categoría:Linguas de Iraq Categoría:Linguas do Líbano Categoría:Linguas de Siria