Santiago de Taboadelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE, en 2022 tiña 186 habitantes (104 homes e 82 mulleres). Ten dúas entidades de poboación.

Historia No libro Manuel Murguía, de Vicente Risco, menciónase que en Taboadelo aínda se celebraba "A xunta dos homes". Trátase dunha asemblea rural con cargos vitalicios (repúblicos, todos os homes casados da parroquia) e electos cada ano (mordomo, elixido cada 1 de xaneiro).

Festas Desde o ano 2004 celébrase na parroquia a Festa do Muíño, á beira do río Verdugo. Desde a restauración do muíño de Abaixo, por parte da Asociación de Veciños O Carballo, a penúltima fin de semana de xuño prográmanse degustacións gastronómicas e actos lúdicos e musicais, con zona de acampada.

Lugares e parroquias Lugares de Taboadelo

Parroquias de Ponte Caldelas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponte Caldelas

Ligazóns externas www.festadomuinho.org

Categoría:Parroquias de Ponte Caldelas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior