miniatura|Ada Colau, líder de Barcelona en Comú, e Xavier Domènech, cabeza de lista de En Comú Podem por Barcelona. miniatura|150x150px|Imaxe utilizada na papeleta electoral para as eleccións xerais de 2015. En Comú Podem-Guanyem el Canvi (as súas siglas son ECP) (en galego, En Común Podemos-Ganemos o Cambio) é unha coalición electoral de esquerdas formada pola sección de Podemos en Cataluña, Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo e Barcelona en Comú xurdida en outubro de 2015 co obxectivo de presentarse ás eleccións xerais dese ano nas catro circunscricións electorais de Cataluña. O cabeza de lista por Barcelona foi o historiador Xavier Domènech.
En Comú Podem expuxo establecer unha relación de igual a igual con Podemos polo que tivo como obxectivo ter grupo parlamentario propio e apostar por articular conxuntamente coa formación de Pablo Iglesias os «puntos en común». A formación non descarta entenderse con sectores de ERC, PSC e busca a forma de achegarse á CUP.
Nas eleccións xerais de 2015 presentouse como En Comú Podem e nas eleccións xerais de 2016 presentouse baixo o nome En Comú Podem-Guanyem el Canvi.
Resultados electorais Nas eleccións xerais de España de 2015 colocouse como primeira forza en Cataluña, con 12 escanos e 927.940 votos (24,74%), sacando case 10 puntos á segunda forza. Por provincias gañou as eleccións en Barcelona (26,91%, nove escanos) e en Tarragona (20,65%, un escano), e foi terceira forza en Xirona (16,26%, un escano) e en Lleida (15,34%, un escano).
Dos 12 deputados obtidos pola coalición, tres corresponden a ICV, dous a Podemos, dous a EUiA, dous a Barcelona en Comú, dous a Procés Constituent, membros á súa vez de Barcelona en Comú e un é independente, sen adscrición máis aló de En Comú Podem. Igualmente, dos catro senadores electos, dous son membros de Podemos, un de ICV e un independente. Resultados electorais nas eleccións xerais Eleccións Circunscrición Votos % Diputados 20 de decembro de 2015(Congreso) Barcelona 26,91 Xirona 16,26 Lleida 15,34 Tarragona 20,65 Total 3,69 26 de xuño de 2016(Congreso) Barcelona 26,23 Xirona 17,3 Lleida 16,64 Tarragona 21,84 Total 3,55
Notas
Véxase tamén Outros artigos Catalunya Si que es Pot En Marea Unidos Podemos
Categoría:Coalicións electorais de España