Polykarpos Stavropoulos (en ), nado como Panagiotis Stavropoulos (en ) en Naupacto (Reino de Grecia) o 15 de outubro de 1965, é un bispo ortodoxo constantinopolitano, metropolita de España e Portugal dende 2007.
Traxectoria Naceu como Panagiotis Stavropoulos o 15 de outubro de 1963 en Naupacto (Grecia). Logo de rematar os seus estudos secundarios, graduouse en Teoloxía pola Universidade de Atenas en 1986 e de seguido fixo o servizo militar, até 1988. Posteriormente ampliou os seus estudos en Historia eclesiástica no Pontificio Instituto Oriental de Roma até 1990.
Foi ordenado diácono o 15 de xaneiro de 1990 polo metropolita de Calcedonia Bartholomaios Archontonis, e ao día seguinte foi ordenado sacerdote polo metropolita de Naupacto e Agios Vlasios Alexandros Papadopoulos. Logo da súa ordenación foi capelán até 2007 da igrexa de San Xurxo dos Gregos de Venecia, e a partir de 1992 tamén vigairo da arquidiocese de Italia e Malta.
O 30 de abril de 2007 foi elixido metropolita de España e Portugal. Recibiu a ordenación episcopal de mans do patriarca Bartolomeu I o 6 de maio, tomando posesión da sé o 16 de xuño.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía no sitio web da Metrópole de España e Portugal Biografía no sitio web do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla
Categoría:Nados na periferia de Grecia occidental Categoría:Nados en 1965 Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa de Constantinopla Categoría:Bispos ortodoxos de Grecia Categoría:Bispos ortodoxos de España Categoría:Bispos ortodoxos de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade de Atenas Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Oriental