Ángela Rodicio, sinatura profesional de Ángela Rodríguez González, nada en San Cristovo de Regodeigón (Ribadavia) o 6 de marzo de 1963, é unha xornalista e escritora galega en lingua castelá, coñecida maiormente por ser correspondente estranxeira en zonas de conflito.«La otra verdad de la periodista» El Mundo, 11/1/2004 .
Traxectoria Estudou na Universidade Complutense de Madrid. Tomou como apelido artístico "Rodicio", dunha avoa súa. Colaborou, entre outros medios, en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, A Nosa Terra, Diario 16, Marie Claire, Vanity Fair, a CNN, a BBC e Televisión Española dende 1989, traballando como correspondente na Unión Soviética, os Balcáns, Oriente Medio e Afganistán.«El equipo» Informe Semanal, 2/3/2010 .
É pública a súa inimizade co seu colega de profesión Arturo Pérez Reverte. (1998) Españoles en Los Balcanes: Misiones Civiles y Militares en la Antigua Yugoslavia ISBN 84-8319-034-6.
No ano 2003 despedírona de Televisión Española por irregularidades económicas na corresponsalía de Xerusalén.Ángela Rodicio: «Urdaci me compelió a firmar un documento en inglés, sin tiempo para leerlo, y me dijo que estaba cesada» ABC, 27/12/2003. Un xuízo posterior declarou o despido improcedente e condeou ao ente público a readmitila ou indemnizala.«El juez declara improcedente el despido de Ángela Rodicio» La Voz de Galicia, 9/7/2004.
Obra La Guerra sin frentes. De Bagdad a Sarajevo: memorias de una enviada especial, Temas de hoy, 1998. ISBN 84-7880-953-8.Imaxe da cuberta de: La Guerra sin frentes Acabar con el personaje, Plaza & Janés, 2005. ISBN 978-84-01-30542-9.Imaxe da cuberta de: Acabar con el personaje Palestina, Afganistán (da exposición homónima) canda o fotógrafo Emilio Morenatti, Centro Andaluz de la Fotografía, 2007. ISBN 978-84-96466-86-9. El Jardín del Fin: viaje por el Irán de ayer y hoy, Debate, 2011. ISBN 978-84-9992-038-2.«Donde el paraíso» La Opinión Coruña, 29/7/2012 . Dulcinium: El amor perdido de Cervantes, Confluencias, 2016. ISBN 978-84-944761-4-3.Dulcinium. El amor perdido de Cervantes, na páxina da editorial
Recoñecementos Premio Internacional da RAI, 1991, polas súas crónicas do Golfo Pérsico.«Angela Rodicio, premio de la RAI por sus crónicas sobre el Golfo», El País, 7/8/1991. Premio Cirilo Rodríguez da Asociación de la Prensa de Segovia en 1992 como parte do equipo de correspondentes de Televisión Española na Guerra de Iugoslavia.«El equipo de TVE en el conflicto yugoslavo, premio Cirilo Rodríguez» El País, 31/5/1993. Premio Víctor de la Serna da Asociación da Prensa de Madrid en 1994.«Palmarés del Premio APM al Mejor Periodista del Año» APM Premio ¡Bravo! de televisión da Conferencia Episcopal Española no 2001.«Premios de la Conferencia Episcopal a periodistas y comunicadores» Zenit, el mundo visto desde Roma, 31/5/2001. Premio Galicia en Feminino en 2002 pola súa campaña contra a discriminación das mulleres. Premio Maria Grazia Cutuli no ano 2011.«Ángela Rodicio premio internacional de xornalismo Maria Grazia Cutuli» Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Medalla de ouro Ricardo Ortega da ONU en 2015 polo guión da reportaxe Exodo en el Dorado, sobre refuxiados colombianos, emitido por Informe semanal.«Announcing the Winners of the 2015 UNCA Awards» United Nations Correspondents Association .
Vida persoal
No persoal, estivo relacionada con Carlos García Revenga, secretario das infantas Helena e Cristina de Borbón.«El centinela de las infantas», Las Provincias, 4/2/2013 .
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo, t. 3, p. 175.
(2012) Galegas ilustres para nenas do século XXI, Editorial Trymar, ISBN 978-84-92959-75-4.
Ligazóns externas
EFE: Ángela Rodicio: «Sabía demasiado y en esas situaciones lo mejor es callarse» Diario de León, 24/5/2005.
Categoría:Xornalistas de Ribadavia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1963 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Correspondentes de guerra