Kypriian Zhokhovskyi (en ; en ; en , Kipryjan Žachoŭski), nado en 1635 no voivodato de Połock (Gran Ducado de Lituania) e finado o 26 de outubro de 1693, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1674 até a súa morte.

Traxectoria Primeiros anos Kypriian Zhokhovskyi naceu en 1635 nunha familia nobre no voivodato de Połock. De mozo, entrou no mosteiro de Byceń (hoxe no distrito de Ivacevicki) da Orde de San Basilio Magno. Aos 23 anos, marchou a estudar no Pontificio Colexio Grego de Roma, entre marzo de 1658 e agosto de 1664. O 29 de abril de 1663 foi ordenado sacerdote na igrexa de Sant'Atanasio de Roma. Despois obter o doutoramento en Teoloxía e Metafísica, permaneceu en Roma exercendo o seu ministerio na igrexa dos Santi Sergio e Bacco, e como secretario do bispo de Chełm, Jakub Suša, quen viviu en Roma por algúns anos.

O metropolita de Kíiv Havryil Kolenda escolleuno como bispo coadxutor con dereito de sucesión, e asignoulle a sé titular de Viciebsk e Mscislaŭ, e así foi confirmado polo rei Miguel I o 12 de novembro de 1670. Recibiu a consagración episcopal de mans do mesmo Kolenda o 15 de marzo de 1671. Coa morte de Kolenda, o 11 de febreiro de 1674, Zhokhovskyi converteuse no novo metropolita de Kíiv.

Metropolita de Kíiv Como metropolita, convocou un sínodo en Lublin en 1680 xunto ao bispo de Chełm, para tratar de conciliar a ortodoxos e greco-católicos. Porén, o sínodo non chegou a celebrarse por mor da oposición do rei e do nuncio.

Respecto da orde basiliana, Zhokhovskyi renunciou en 1675 ao seu dereito ao goberno da orde, deixando ao Capítulo Xeral da mesma a potestade de elixir o seu proto-arquimandrita. Porén, anos máis tarde, quiso recuperar o control total sobre a orde, e tentou ser elixido proto-arquimandrita en 1683 e en 1684. Nas dúas ocasións os monxes se opuxeron e apelaron a Roma, quen apoiou a postura dos monxes, limitando claramente en agosto de 1686 o poder do metropolita na vida da orde.

Zhokhovskyi opúxose a calquera cambio de rito particular dos seus fieis, así como á latinización do rito bizantino exercidas coa polonización do seu país: logo dunha petición de Zhokhovskyi, o papa confirmou a prohibición de calquera cerimonia litúrxica latinizada. A comezos da década de 1690 fundou unha imprenta en Supraśl, coa que rematou co influxo de libros litúrxicos de Moscova e combateu o proceso de latinización.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1635 Categoría:Nados na rexión de Viciebsk Categoría:Finados en 1693 Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Relixiosos católicos de Belarús Categoría:Alumnos do Pontificio Colexio Grego