La 7 é a primeira canle autonómica de Castela e León, propiedade do ente privado Castilla y León Televisión, sociedade adxudicataria da explotación das dúas canles de TDT na comunidade.

Ademais desta cadea, Castilla y León Televisión conta cunha segunda canle, La 8, con contidos de carácter máis provincial e local, para o que leva a cabo desconexións de ámbito territorial.

Historia e características Iniciou as súas emisións regulares o 9 de marzo de 2009, tanto en analóxico como en dixital. A súa programación, idéntica para as nove provincias da comunidade e de carácter xeneralista, ten como un dos seus eixos básicos a información, non só de ámbito autonómico, senón tamén nacional e internacional. Para iso, ademais da súa sede central, situada en Valladolid, dispón de centros de produción territorial nas outras oito capitais de provincia, así como en Ponferrada, e unha delegación en Madrid.

Chamouse CyL7 ou La Siete de Castilla y León Televisión dende a súa creación ata o 4 de setembro de 2011.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de RTVCYL

Categoría:Radio Televisión de Castilla y León Categoría:Cadeas de televisión de Castela e León