Luis del Olmo, nado en Ponferrada o 31 de xaneiro de 1937, é un dos periodistas españois máis veteranos e premiados no mundo da radio en España.
Traxectoria Traballou durante moitos anos na emisora Punto Radio, dirixindo e presentando o programa Protagonistas (de 6:00 am a 11:00 am), o cal comezou a presentar en 1969 e que foi levando dunha cadea a outra, que se converteu no programa máis lonxevo na historia da radio española, con 44 anos en antena.
Antes de chegar a Punto Radio, pasou por Radio Ponferrada, Radio Asturias, A Voz de León, RNE, Radio Cadena Española, Cadena COPE e Onda Cero.
O 13 de decembro de 2013 deixou o seu oficio de locutor radiofónico xubilándose após máis de medio século fronte aos micrófonos. Así o anunciou ese mesmo día nun programa de RNE. Dende entón, segue vencellado ao medio radiofónico como presidente de honra da Academia Española da RadioLuis del Olmo - Día Mundial de la Radio 2018. Youtube.com. e colaborando activamente na promoción do Día Mundial da Radio.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Punto Radio Luis Del Olmo: Blog de noticias de Luis del Olmo en Blogspot.
Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Nados en 1937