miniatura|"Neste lugar ás dúas beiras da estrada ao mencer do 15 de setembro de 1936 apareceron asasinados polos fascistas os corpos deMarcial Araújo CondeEugenio Arbones CastellanzueloLuís Bilbatúa ZubeldiaSegundo Echegaray GarcíaAdolfo Morgade PazosAbraham Muñoz ArconadaInocencio Taboada Montoto.O pobo non esquece. 15 de setembro de 2007." Luís Calo Bilbatúa Zubeldia, nado en Soraluze (Guipúscoa)Por erro, algunha fonte afirma que naceu en Plasencia (Estremadura), cando realmente naceu na localidade guipuscoana de Soraluze, que en castelán chámase Placencia de las Armas. o 2 de outubro de 1898 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Tomás Bilbatúa Urien e Luisa Zubeldia Oraa, foi irmán de Antonio e Demetrio Bilbatúa Zubeldia. Traballou de telegrafista en Vigo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido no Frontón e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro con Eugenio Arbones Castellanzuelo, Segundo Echegaray García, Adolfo Morgade Pazos, Inocencio Taboada Montoto, Abraham Muñoz Arconada e Marcial Araujo Conde.
Notas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Soraluze Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1936