O voo 981 de Flydubai foi un voo regular internacional entre o Aeroporto Internacional de Dubai e o Aeroporto de Rostov, operado por Flydubai, aeroliña de baixo custo dos Emiratos Árabes Unidos. O día 19 de marzo de 2016 o avión que realizaba a ruta, un Boeing 737, esnafrouse nos arredores de Rostov do Don, en Rusia, cando este se atopaba na súa segunda tentativa de aterraxe, tras un primeiro intento abortado.

No momento en que a aeronave chegou a Rostov do Don as condicións meteorolóxicas non eran óptimas, e o avión estivo máis de dúas horas no aire agardando a aterrar, segundo os relatorios preliminares. O avión non se esnafrou no momento de aterrar, senón cando se atopaba dando outro xiro de espera. O impacto aconteceu arredor das 3:40, hora local, e non deixou sobreviventes.

Avión O aparello accidentado era un Boeing 737-8KN de cinco anos de idade, con rexistro A6-FDN e número de serie 40241, equipado con dous motores CFM International CFM56. O seu primeiro voo fora o 21 de decembro de 2010, e entregouse a Flydubai o 24 de xaneiro de 2011. O avión pasara unha revisión de mantemento de tipo C o 21 de xaneiro de 2016, dous meses antes do sinistro.

O voo 981 levaba combustible suficiente para 8,5 horas de voo e no momento do accidente levaba voadas 6 horas dende a engalaxe en Dubai.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Voo 9525 de Germanwings Flydubai Ligazóns externas //

Flydubai Categoría:2016 Flydubai Flydubai