Ramón Baltar Cardona, finado en Ribeira en maio de 1959,El Pueblo Gallego, 12-5-1959, p. 11. foi un industrial e político galego.

Traxectoria Armador. Foi concelleiro de Ribeira na ditadura de Primo de Rivera. Membro da Derecha Liberal Republicana, foi elixido concelleiro nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931. Foi elixido alcalde na sesión constitutiva da nova corporación o 22 de abril.La Voz de Galicia, 28-4-1931, p. 8. Participou na Asemblea pro Estatuto Galego celebrada na Coruña o 4 de xuño de 1931. Foi alcalde de Ribeira até 1933, cando foi substituído polo tenente de alcalde José Fernández Bermúdez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Armadores

Categoría:Alcaldes de Ribeira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Finados en 1959