*shels é unha banda británico-estadounidense de rock progresivo formada en 2003. A banda ten sido descrita como un supergrupo da escena underground británica, xa que tivo en varias ocasións entre os seus compoñentes a membros de grupos como Mahumodo, Devil Sold His Soul, Eden Maine e Fireapple Red.

Historia A banda formárona en 2003 o vocalista e compositor Mehdi Safa e o batería Tom Harriman despois da separación do seu anterior grupo, Mahumodo. *shels colleu o seu nome do EP de 1999 de Mahumodo chamado Shels. A banda publicou o EP Wingsfortheirsmiles en 2004 a través do selo Shelsmusic, unha discográfica fundada por Safa en 2002. *shels publicou o seu álbum de estrea, Sea of the Dying Dhow, o 18 de xuño de 2007 en colaboración con Undergroove Records. O disco recibiu críticas positivas e foi nomeado un dos mellores álbums de 2007 pola revista Rock Sound."Top 75 Albums of 2007". Rock Sound (104): 24. 25 de decembro de 2007 A banda xirou polo Reino Unido en xuño e xullo dese ano para promover o álbum, actuando con varios grupos como Bossk e The Ghost of a Thousand. A xira incluíu unha actuación no GuilFest, onde a banda compartiu escenario con My Vitriol e Zico Chain.

O segundo EP da banda, Laurentian's Atoll, foi publicado en novembro de 2007. Este estaba formado por versións remasterizadas das tres cancións de Wingsfortheirsmiles, catro novas gravacións e unha versión estendida de "water", do álbum Sea of the Dying Dhow. A banda comezou unha segunda xira británica en novembro de 2008, que incluíu unha actuación no Damnation Festival, onde compartiu escenario con Cathedral e Devil Sold His Soul."Damnation Line-up Unravels". Rock Sound (114): 10. Outubro de 2008 O día 27 de xuño de 2011 *shels editou o seu segundo álbum de estudio, Plains of the Purple Buffalo.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Sea of the Dying Dhow 2007 Undergroove, Shelsmusic Plains of the Purple Buffalo 2011 Shelsmusic EPs Álbum Ano Selo Wingsfortheirsmiles 2004 Shelsmusic Laurentian's Atoll 2007 Undergroove, Shelsmusic

Véxase tamén Ligazóns externas MySpace da banda

Notas

Categoría:Grupos musicais de California Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de post-metal Categoría:Grupos musicais de shoegazing