Jakub Suša (en , en , en ), nado en Minsk arredor de 1610 e finado en Chełm o 4 de setembro de 1687, foi un relixioso basiliano greco-católico, bispo de Chełm dende 1652 até o seu pasamento.
Traxectoria En 1626 entrou na Orde de San Basilio Magno, e foi educado no colexio pontificio de Braniewo (Prusia) até 1632, e posteriormente en Pułtusk, en Olomouc (Moravia) até 1636, onde se doutorou en Teoloxía, e en Roma.
A partir de 1639 pasou a ser o superior do mosteiro basiliano de Chełm. En 1649 pasou a ser administrador apostólico da eparquía de Chełm, e en 1652 foi nomeado bispo de dita diocese.
Durante o seu pontificado defendeu e promoveu a idea da unión entre a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica. Entre 1664 e 1666 exerceu de procurador da Igrexa rutena ante a Santa Sé, onde contribuíu a solucionar disensións na orde basiliana e logrou un acordo que impedise o cambio de rito para os católicos.
Participou en Lublin no colloquium amicabile, un intento infrutuoso de reconciliación entre greco-católicos e ortodoxos da metrópole de Kíiv. Na década de 1680 convocou seis sínodos diocesanos que contribuíron ao renacemento da vida relixiosa, á reforma do clero, e ao fortalecemento das institucións eclesiásticas.
Foi tamén un promotor do culto á icona da Nai de Deus de Chełm, o que contribuíu a facer de dita cidade un destino mariano de importancia nacional. Deixou varias obras escritas, que son unha importante fonte de información sobre a historia de Chełm e da Igrexa Rutena en Polonia, como a historia da icona da Nai de Deus e as vidas de san Xosafat e Meletii Smotrytskyi, e foi tamén impulsor da beatificación do primeiro.
Notas
Categoría:Nados en 1610 Categoría:Nados en Minsk Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Finados en 1687 Categoría:Relixiosos católicos de Belarús