O Día Internacional do Bico celébrase o 13 de abril de cada ano, unha data que xurdiu grazas ao bico máis longo da historia, que durou 58 horas e que fora protagonizado por unha parella tailandesa durante un certame. A parella, desta forma, rompía a súa propia marca de 46 horas consecutivas, logrado o 13 de abril do ano anterior.«Día Internacional del Beso: por qué se celebra ». En moitas cidades, diversos tipos de concursos organízanse este día no que os participantes deben establecer rexistros de bicos.
Doutra banda, o 6 de xullo é o Día Internacional do Bico Roubado, que é unha celebración diferente.Nueve datos curiosos por el Día Internacional del Beso .
A idea detrás do Día Internacional do Bico é lembrar ás persoas o simple pracer asociado co bico polo bico mesmo, a diferenza do bicarse como mera formalidade social ou como preludio das relacións sexuais ou doutras actividades. O bicarse pode ser unha experiencia gozosa e pracenteira por si mesma. É unha expresión da intimidade.
Notas
Categoría:Celebracións do día