San Tomé de Gondar é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo datos do IGE, tiña 820 habitantes no ano 2025, dos que 413 eran mulleres e 407 homes, o que representa un mínimo aumento respecto ó ano 2016, cando tiña 816 veciños, pero un descenso respecto a 2009, cando eran 852. Distribúense en 11 entidades de poboación.
miniatura|Gondar no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752. Situada no norte do concello, linda ó nordés co concello de Meaño (parroquia de Dena); ó sueste coa parroquia de Nantes; ó sur coa de Adina, ó suroeste coa de Noalla e ó noroeste coa de Vilalonga.
Na división territorial eclesiástica, a parroquia de Gondar anexionouse á de San Pedro de Vilalonga. Por ese motivo, igual que acontece coa parroquia de Arra, non figura como parroquia na páxina web do concello de Sanxenxo.
Toponimia Segundo Nicandro Ares Gondar deriva do antropónimo gótico que sería o posuidor da vila.
Lugares e parroquias Lugares de Gondar
Parroquias de Sanxenxo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sanxenxo
Categoría:Parroquias de Sanxenxo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía