dereita|miniatura|Necrolóxica de José Isorna en El Correo Gallego.
José Manuel Isorna Ferreirós, nado en Barcia (Cordeiro, Valga) o 29 de maio de 1921 e finado en Santiago de Compostela o 26 de abril de 2016"Fallece el franciscano Padre Isorna a los 94 años", artigo en Faro de Vigo, 27 de abril de 2016 ., foi un frade galego.
Traxectoria Estudou no convento de San Francisco de Herbón. Nomeado sacerdote, deu a súa primeira misa o 8 de xuño de 1947 na súa parroquia natal.
Frade da Orde dos Freires Menores, desempeñou diversas responsabilidades nos conventos franciscanos de Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense e mais en Madrid. Foi delegado diocesano de medios de comunicación social. Colaborou en El Correo Gallego e La Noche, e en 1950 pasou a dirixir El Eco Franciscano. Oficiou as misas dominicais televisadas na Televisión de Galicia, e foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obra Ideario del Filósofo, del Artista y del Historiador (1950) Itinerario del alma a Santiago (1954)
Notas
Categoría:Monxes de Galicia Categoría:Nados en Valga Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xornalistas de Valga Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Franciscanos de España