miniatura|Mapa da porcentaxe de xente con ascendencia europea, amosando a diáspora europea. A emigración europea é a migración dos pobos de Europa cara a outros continentes. A emigración dende Europa a grande escala comezou durante a era dos Imperios coloniais europeos dos séculos XVIII e XIX e continúa até a época actual. Refírese especialmente ó Imperio Español dos século XVI e XVII (expansión da hispanosfonía), ó Imperio Británico entre os século XVII e XIX (expansión da anglofonía), o Imperio portugués e o Imperio Ruso no século XIX (expansión cara Asia Central e o Extremo Oriente Ruso).
Dende 1815 até 1932, 60 millóns de persoas abandonaron Europa (moitos deles acabaron regresando), principalmente cara a "áreas de asentamento europeo" nas Américas (especialmente nos Estados Unidos, Canadá, Arxentina e o Brasil), Australia, Nova Zelandia e Siberia. Estas poboacións medraron axiña nos seus novos hábitats; moito máis que as poboacións de África e Asia. Como resultado, na véspera da primeira guerra mundial, o 38% da poboación mundial era de ascendencia europea.
En Asia, as poboacións de orixe europea (especificamente rusos) predomina en Asia do Norte, que é parte da Federación Rusa. África non ten países con maiorías de poboación de orixe europea, pero existen minorías significativas en Suráfrica con máis de 5 millóns de brancos, Namibia e algunhas rexións de países como Madagascar, Botswana e Marrocos.
Os países de América que recibiron maior número de inmigrantes europeos entre mediados dos séculos XIX e XX foron: os Estados Unidos (32,6 millóns), Arxentina (6,5 millóns), Canadá (5,1 millóns), Brasil (5,0 millóns), Venezuela (1,5 millóns), Cuba (1,4 millóns), Uruguai (713 000). Outros países que recibiron un fluxo de inmigración máis modesto (achegando menos do 10% da migración europea en América Latina) foron: México (270 000), Chile (200 000 ou máis), Porto Rico (62 000), Perú (30 000), e Paraguai (21 000).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Diáspora galega
Categoría:Diásporas Categoría:Migración Categoría:Historia de Europa