San Tirso de Manduas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1006 habitantes (498 homes e 508), 89 máis ca en 1999. Segundo o IGE, en 2023 tiña 1127 habitantes (563 homes e 564 mulleres). Ten 16 entidades de poboación.
Topónimo Segundo o filólogo Joseph-Maria Piel o topónimo procede do latín ("améndoa"), que derivou a Mándolas durante o período suevo (século VI).
Historia e patrimonio A súa igrexa parroquial foi reconstruída na década de 1930, mantendo a porta románica da orixinal. Ten a portada cara ao leste. Hai tres cruceiros no camposanto, no campo da feira e no lugar de Quintela.
A Casa da Viña, onde naceu en 1914 o político e escritor Ramón de Valenzuela, é un pazo con escudo con armas dos Gil, Taboada e Luaces, e león coroado dos Valenzuela e capela dedicada a San Antón. Tamén nesta parroquia naceron o gaiteiro Manuel Dopazo Gontade, o tenor José Vales Mahía, o mestre Víctor Fraiz Villanueva, os alcaldes de Silleda Casimiro Fernández Otero e Manuel Cuíña Fernández e o compositor Sergio Rodríguez Pena.
Destaca o núcleo da Bandeira, nacido ao pé do camiño real a Santiago de Compostela. O seu nome provén do estandarte ou bandeira que tiña unha casa forte no lugar do Fortín e arredor da cal se comezou a celebrar unha feira, que actualmente ten lugar os días 14 e 29 de cada mes.
En 1909 fundouse en Bos Aires a Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira, que construíu a antiga escola, hoxe convertida no Centro Cultural Vista Alegre. En 1982, neste lugar fundouse a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira.
Festas Na vila da Bandeira celébrase a festa da empanada da Bandeira.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Manduas
Parroquias de Silleda
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Manduas na web municipal de turismo
Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tirso