Manuel Rodríguez Sangiao, nado en Cuntis e finado en Silleda o 16 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Canteiro. Na República foi alcalde de Cuntis. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 entregouse. Falanxistas armados foron buscalos á pensión na que se hospedaba con Sergio González Paz (membro do Comité de Resistencia da Fronte Popular), para levalos a Costa Carballo (Pazos), onde os asasinaron o 16 de setembro de 1936. Manuel Rodríguez foi soterrado alí, e anos despois a súa familia conseguiu recuperar o cadáver para inhumalo en Cuntis. O seu fillo máis vello foi asasinado en 1940 en Madrid por falanxistas de Cuntis, cando estaba a realizar o servizo militar. Outros fillos de Manuel Rodríguez Sangiao continuaron sufrindo presións e humillación durante a ditadura, sendo obrigados a cantar o "Cara al Sol" no patio do colexio.

Véxase tamén Ligazóns externas Cuntis homenaxea a derradeira corporación republicana e o seu alcalde, asasinado en 1936

Categoría:Alcaldes de Cuntis Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Finados en 1936