A distribución F é unha distribución de probabilidade continua coñecida tamén como distribución F de Snedecor (por George Snedecor) ou distribución F de Fisher-Snedecor (por Ronald Fisher). Unha variable aleatoria de distribución F constrúese como o cociente:

onde

U1 e U2 seguen unha distribución χ² con d1 e d2 graos de liberdade respectivamente, e U1 e U2 son estatisticamente independentes.

A distribución F aparece frecuentemente como a distribución nula dunha proba estatística, especialmente no análise da varianza.

A función de densidade dunha F(d1, d2) vén dada por

para todo número real x ≥ 0, onde d1 e d2 son enteiros positivos, e B é a función beta.

A función de distribución é

onde I é a función beta incompleta regularizada.

Distribucións relacionadas é unha distribución χ² cando para . miniatura|200px|O biólogo e estatístico Ronald Fisher en 1913.|centro Véxase tamén Outros artigos Test F Ligazóns externas Táboa de valores críticos dunha distribución F Proba de significación mediante a distribución F Distribution Calculator. Calcula as probabilidades e valores críticos para as distribucións normal, t, khi-cadrado e F Cálculo da probabilidade dunha distribución F de Snedecor con R (linguaxe de programación)

Categoría:Distribucións continuas