200px|miniatura|dereita|Anguleru repartindo agasallos a bordo da súa chalana. L'Anguleru (en asturleonés, o anguleiro ou pescador de angulas) é unha personaxe de ficción da cultura popular asturiana que se encarga de traer agasallos aos nenos do Principado na Noiteboa.

De acordo co imaxinario popular, l'Anguleru habita durante todo o ano no Mar dos Argazos, preto do triángulo das Bermudas, cuidando anguías e meixóns até que arriba no inverno a Asturias na súa chalana, denominada L'Angulina, a noite do 24 de decembro. Esa noite, mentres os nenos celebran a Noiteboa, adícase a pescar meixóns para vendelas logo na lonxa e así poder mercar agasallos para os cativos e cativas de Asturias cos cartos que gañase.

O Anguleru entra en Asturias polo río Nalón.

Orixe L'Anguleru é unha criatura creada pola asociación Garabuxada no ano 2008Asociación Cultural "Garabuxada", na localidade de Soto do Barco, coa intención de potenciar un Nadal máis achegado á tradición asturiana. O feito de escolleren un pescador de meixóns radica en que este era unha das profesións máis caracterísiticas da sociedade asturiana e da poboación de Soto do Barco, xa que a pesca de meixóns estivo tradicionalmente ligada a boa parte da Mariña asturiana. Desde 2008, atópase nun proceso de consolidaciión por tratarse dunha figura estimuladora para a aprendizaxe da lingua asturiana nas xeracións máis novas.

L'Anguleru, así pois, non tería orixe mitolóxica ningunha, senón que sería unha personaxe creada artificialmente para promover e potenciar a cultura asturiana.[...]L’etnógrafu asturianu Alberto Álvarez Peña caltién que nun esistiría nengún personaxe mitolóxicu, nin na nuesa comunidá autónoma nin fuera d’ella, que reparta regalos per Navidá.[...] Entrevista ao mestre Víctor Raúl Pintado Rey "Vitu" Asturies.com Porén, si que se tiña constancia de personaxes que repartisen regalos no inverno, sobre todo durante as Mazcaradas.Alberto Álvarez Peña. Notes sobre l'antigua Navidá o solsticiu d'iviernu: Audoeno de Rúan; "Naide nes calendes de xineru [...] disfrácese de vaca, de venáu o d'otru animal, nin tenga puesta la mesa pela nueche, nin reparta regalos nin s'abandone a la borrachera [...]As Mazcaradas de Inverno, ou Mazcaraes d'iviernu, son unha festa popular pagá típica de Asturias. Notas

Véxase tamén Outros artigos Apalpador Tizón de Nadal Olentzero Ligazóns externas L'anguleru.com

Categoría:Mitoloxía Categoría:Nadal