Adiantum raddianum tamén coñecida cos nomes vulgares de coantriño, cuadrillo ou cabelo de venusMoitos dos nomes comúns desta planta confúndense cos da especie Adiantum capillus-veneris, a capilaria, fento moi semellante, común en Galicia. Ningún dicionario galego ten esta especie recollida, polo que a entrada de preferencia é o nome científico é unha especie de fento de orixe americana pertencente á familia Pteridaceae. É un dos fentos máis populares para cultivo coma planta de interiorAdiantum raddianum (delta maidenhair fern)back, CABI.Adiantum raddianum, Missouri Botanical Garden. Aseméllase moito á especie europea capilaria (Adiantum capillus-veneris), coa que ás veces se confunde, a diferenza está na marxe das follas, na capilaria son máis dentadas.

As frondes son triangulares, semierectas no inicio, curvándose á medida que envellecen, podendo atinxir 8 cm de longo e 6 cm de larguraAdiantum raddianum, NC Cooperative Extension..

Hábitat Paredes de rocha sombrías e húmidas, fendas, cantís e cavorcos ao longo de ríos e fervenzas.

Distribución Orixinaria de América do Sur tropical, espallouse polos seres humanos grazas ao seu valor decorativo a outras zonas como Hawai, África tropical e incluso á Europa atlántica (Holanda, Azores, Madeira, Galicia...)

Taxonomía A especie foi descrita por Carl Bořivoj Presl e publicada en Tentamen Pteridographiae 158. 1836., no ano de 1836. - Tropicos

Non se encontra protexida pola lexislación europea.

Sinonimia Segundo The Plant List, esta especie ten os seguintes sinónimos:The Plant List (2010). Version 1. Published on the Internet; http://www.theplantlist.org/ (accessed 1st January). Adiantum boliviense C. Chr. & Rosenst. Adiantum colpodes T. Moore Adiantum cuneatum Langsd. & Fisch. Adiantum cuneatum G. Forst. Adiantum decorum Moore Adiantum decorum var. quadripinnatum Rosenst. Adiantum mexicanum C. Presl Adiantum moorei Baker Adiantum rubellum Moore Adiantum rufopunctatum Mett. ex Kuhn Adiantum tinctum Moore Adiantum werckleanum H. Christ

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Capilaria Bibliografía Checklist da Flora de Portugal (Continental, Azores e Madeira) - Sociedade Lusitana de Fitosocioloxía Ficha de especie - Proxecto Biopolis

Categoría:Adiantum Categoría:Fentos Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas descritas en 1836