Santiago de Taboada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 214 habitantes (106 homes e 108 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.
Historia A historia da parroquia xira ó redor da ponte que comunicaba Deza con Trasdeza ou indo máis alá, Castela con Santiago, no camiño da Maragatería. A primeira era de táboas (Pons Tabulata), de aí o seu nome, e a segunda, de pedra, medieval, aínda segue erguida cunha inscrición nunha rocha próxima na que figura o ano da construción (912).
Augas abaixo, atópase a ponte da antiga estrada a Santiago de Compostela, levantada en 1862, que deixou se ser tan transitada na década de 1970, ao reformarse o trazado da N-525 e construírse un novo viaduto.
Preto desa ponte, está localizada a estación de ferrocarril, á que se accede desde a outra beira do río Deza grazas a outro viaduto, dende o cal se precipitaron os últimos vagóns dun convoi e foron parar ao río, cargados con conservas e ferramentas agrícolas. Na actualidade, aínda se poden ver os restos dos vagóns no leito do DezaLalín solicitará a Renfe que retire restos antigos de vagóns en Ponte Taboada (en castelán). La Voz de Galicia (Consultado o 27/03/2014) .
Por Taboada pasa a Vía da Prata, que transcorre polo Camiño Real.
Patrimonio A igrexa de Santiago de Taboada é románica, data do século XII, ten planta e ábsida rectangular, destacando a portada. No adro hai un singular cruceiro de fuste cónico acanalado con altar. Nas proximidades, cruzando a N-525, hai unha área recreativa dedicada ó peregrino con dous monumentos ó Apóstolo Santiago e ó Peregrino Anónimo, deseño de Francisco Alen, obra da Escola Taller de Silleda.
Nesta parroquia, a carón do río Deza, atópase a estación da Ponte Taboada, con parada para viaxeiros da liña de ferrocarril Santiago-Ourense. Ademais destaca a Casa de Carballeda, no lugar do mesmo nome, que conta cunha capela baixo a advocación de San Roque e que foi propiedade no seu momento da familia Gil Taboada.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Taboada
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Galería de imaxes da igrexa de Santiago de Taboada Ligazóns externas Ficha de Taboada na web municipal de turismo
Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior