A Asociación Galega de Vitivinicultura Artesanal (Colleiteiros) é unha asociación profesional galega de produtores de viño colleiteiro.
Historia
Naceu en o 7 de setembro de 1998 na comarca do Ribeiro, co nome de Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro. En orixe podían ser socios os colleiteiros da Denominación de Orixe Ribeiro que embotellan e comercializan o seu viño, producido unicamente a partir de uvas de colleita propia. En 2022 mudou o seu nome.
Centra o seu labor en: asegurar o relevo xeracional da figura do colleiteiro no rural galego, fomentar a promoción nacional e internacional, abaratar os custos de produción e representar aos seus asociados ante as distintas entidades e/ou organismos, tanto públicos como privados.
Actualmente agrupa a 30 adegas de Colleiteiro, entre as cales elaboraron, entre viño branco e tinto, un total de 438.511 litros na colleita 2019.
Notas
Categoría:Viños de Galicia