Modesto Hermida García, nado en Vales (San Cristovo de Cea) o 21 de abril de 1946, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Estudou na Escola de Maxisterio de Ourense, en 1968 aprobou a oposición de Mestre Nacional, exerceu en Asturias e mentres estudou Filosofía e Letras (Filoloxía Románica) na Universidade de Oviedo e na de Santiago de Compostela. En 1981-82 colaborou no Gabinete da Reforma Educativa. En 1982 aprobou a oposición de Profesor agregado de Lingua e Literatura Galegas exercendo no instituto de Redondela. En 1988 empezou a exercer de Inspector de Bacharelato na Consellería de Educación. En 1992 adquiriu a condición de Catedrático de Lingua Galega e Literatura. En 1993 foi profesor Titular de Filoloxía Galego Portuguesa de Escola Universitaria na USC. En 1995 leu a tese de doutoramento en Filoloxía Románica pola USCFicha do autor no sitio web dos Premios da Crítica.. Volveu á función de inspector na Consellería de Educación, xubilándose en maio de 2012.
Na década de 1970 militou no Partido Comunista e en Comisións Obreiras. Formou parte da primeira directiva do PEN-CLUBE de Galicia, 1990. De 1987 a 1992 foi Director Literario de Ir Indo Edicións. Entre 1987 e 1988 foi colaborador do programa cultural de TVG Visións. De 1990 a 1996 participou no Diario Cultural da Radio Galega. En 1996 foi premio da Crítica-Galicia, na modalidade de Investigación.
Colaborou en varios xornais galegos, especialmente no Faro de Vigo ("Artes e Letras", "A pizarra"), ás veces co pseudónimo Rego Mazaira. Colaborou no Proxecto Galicia (Hércules Edicións) dirixido por Darío Villanueva.
En 2015, foi homenaxeado coa publicación do libro Polos vieiros das palabras. Homenaxe a Modesto Hermida, a cargo de Xesús Alonso Montero e Antón Pulido Novoa.Homenaxe a Modesto Hermida, no sitio web da Xunta de Galicia.
Publicacións Poesía No fío da navalla e outros poemas (2010), Vigo, Ir Indo Edicións, ISBN 9788476806616. Dez textos poéticos en A carón do mar (serigrafías) de Antón Pulido (2010), Vigo.
Narrativa O tempo escuro (2018), Ir Indo, ISBN 978-84-7680-739-2. Relatos.
Estudos literarios As revistas literarias en Galicia na Segunda República (1987), Sada, Ediciós do Castro, ISBN 8474923301 Castelao para nenos (1988), Madrid, Ediciones de la Torre, ISBN 9788486587284 "Literatura gallega" en Letras españolas 1988 (1989), Madrid, Ed. Castalia y Ministerio de Cultura, ISBN 84-7039-549-1 Castelao e “Os dous de sempre” (1990), Vigo, Editorial Galaxia, ISBN 9788471547453 Narrativa Galega: Tempo do Rexurdimento (1995), Vigo, Edicións Xerais de Galicia, ISBN 9788475078861 (tese de doutoramento) Nas Ondas de Galicia (2009), Vigo, Ir Indo Edicións, ISBN 9788476806357 (escolma e artigos na radio) Xesús Alonso Montero (palabras e compromiso) (2010), Vigo, Ir Indo Edicións, ISBN 9788476806586 "Xesús Alonso Montero, obxecto poético", en Ágora de Orcellón, nº 30: Homenaxe a Xesús Alonso Montero (2015), Instituto de Estudios Carballiñeses, ISSN 1577-3205 "Manuel María n´O Carballiño", en Cadernos Ramón Piñeiro (XXV): Manuel María. Cecais hai unha luz (2016), Xunta de Galicia, ISBN 978-84-453-5216-8 "Carlos Casares: da miña acordanza", en Cadernos Ramón Piñeiro (XXVII): Carlos Casares: homenaxe (2017), Xunta de Galicia, ISBN 978-84-453-5258-8
Edicións de textos literarios Ramón de Valenzuela, Non agardei por ninguén (1989), Vigo, Edicións Xerais de Galicia, ISBN 8475074111 Xan de Masma (Patricio Delgado Luaces), A besta (1993), Vigo, Editorial Galaxia, ISBN 8471548577 Luís Otero Pimentel, Campaña da Caprecórneca (1994), Vigo, Editorial Galaxia, ISBN 8471549034 Narradores ocasionais do século XIX (relato breve) (2003), Santiago de Compostela, CIRP, ISBN 844533736X Federico García Lorca, Seis poemas galegos (2004), Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística e Xefatura Superior de Policía de Galicia
Libros para o ensino Lingua galega 6 (con guía didáctica) (1985), Madrid, Ediciones S.M. A prensa en galego (1993), Santiago de Compostela, Xunta de Galicia Libros para o ensino dos que é coautor: Lingua galega 8 (con Guía didáctica) (1985), Madrid, Ediciones S.M. Lingua galega 6 (con Guía didáctica) (1986), Madrid, Ediciones S.M. Lingua galega 7 (con Guía didáctica) (1986), Madrid, Ediciones S.M./Editorial Galaxia Lingua galega 8 (con Guía didáctica) (1986), Madrid, Ediciones S.M./Editorial Galaxia Lingua galega e literatura. Secundaria 2 (con Guía didáctica) (1997), Madrid, Ediciones S.M.
Traducións Correo da Unesco, novembro de 1993 Ramón Izquierdo Perrín, Santiago de Compostela, Camino de la Salud, edición trilingüe, (2003), A Coruña, Hércules Ediciones Vida persoal
Casou con Lourdes Mondelo Vázquez. É o pai da actriz e bailarina Sabela Hermida e do consultor e enxeñeiro Alexandre Hermida.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en San Cristovo de Cea Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria