miniatura|Busto de Antínoo da Vila Adriana, en Tívoli. Actualmente no Louvre.

Antínoo ou Antinoo (en grego Aντίνοος, latinizado como Antinous) nado en Bitinio-Claudiópolis, Bitinia o 27 de novembro de entre os anos 110 e 115 e finado no río Nilo, xunto a Besa, o 30 de outubro do 130, ou pouco antes, foi un mozo de gran beleza, favorito e amante do emperador romano Hadriano. Trala súa morte foi deificado e rendéuselle culto. Moitos dos retratos que se fixeron del conserváronse ata os nosos días. Desde o Renacemento ata a actualidade, Antínoo foi moi representado na arte, especialmente na escultura, e a súa enigmática figura captou a atención de numerosos artistas.

Vida e lenda miniatura|Busto de mármore de Hadriano, do século II. Actualmente no Palazzo dei Conservatori. Aínda que Antínoo é en realidade un personaxe moi pouco coñecido, o seu significado actual non depende tanto dos acontecementos da súa vida como do seu enaltecemento posterior, do que chegaron numerosos testemuños ata os nosos días. Xa na Antigüidade, os poucos datos auténticos acerca da súa vida combináronse con lendas. A fascinación que ata hoxe exerce Antínoo baséase, fundamentalmente, na súa relación co emperador Hadriano e nas numerosas obras de arte que foron creadas na súa memoria. A personalidade que subxace ós escasos datos e ás obras de arte non puido ser reconstruída mediante a investigación histórica.

Sábese con certeza que Antínoo naceu en Bitinio-Claudiópolis, cidade da rexión de Bitinia, no noroeste de Asia Menor, entre os anos 110 e 115.Rudolf Hanslik, Der Kleine Pauly, vol. 1, p. 385, indica o ano 110; Annika Backe (ver bibliografía), un período entre 111 e 115; achega o 27 de novembro como día do seu nacemento: Inscriptiones Latinae Selectae 7212. Nunha das súas viaxes (Hadriano é coñecido na historia como "o emperador viaxeiro"), o emperador quedou impresionado polo belo adolescente. Na actualidade non pode precisarse se o primeiro encontro entre os dous produciuse xa durante a primeira estancia de Hadriano en Bitinia, en 121, ou en 123/124.Véxase Backe, p. 4. Birley (Birley, p. 209) indica que Hadriano puido visitar a cidade de Bitinio-Claudiópolis mesmo antes, en 117, aínda que o considera bastante improbable. Desde o momento do seu encontro, e até a súa morte, Antínoo acompañou ó emperador en todas as súas viaxes.

Durante toda a súa vida, Hadriano aspirou ó ideal de vida grego. Segundo a visión que do mesmo tiñan os romanos, deste ideal de vida formaba parte a pederastia, na cal o home adoptaba o papel de mentor do neno en todos os aspectos da vida. A tradición cristiá e a interpretación moderna da pederastia redúcena xeralmente ó seu compoñente sexual. Doutra banda, sábese que o emperador estaba descontento do seu matrimonio coa súa esposa Vibia Sabina.Hermann Bengtson: Römische Geschichte, C.H. Beck, 7ª edición, Múnic, 1995, p. 299.

Sobre a natureza precisa das relacións entre Antínoo e Hadriano a información é moi escasa. O poeta Páncrates de Alexandría, contemporáneo de Hadriano, fai referencia a un feito que tivo lugar no deserto de Libia. Segundo este autor, Hadriano deu morte a un león cunha xavelina pouco antes de que atacase a Antínoo. No lugar en que o sangue do león pingou sobre a area, xurdiría a "flor de Antínoo", o antinóeios (flor de loto de cor vermella). É imposible saber se o acontecemento se basea nun feito que tivo lugar realmente ou se se trata simplemente dun engadido posterior para embelecer a vida do personaxe.

Tamén as circunstancias da temperá morte de Antínoo están mesturadas con lendas. Está firmemente establecido que o mozo caeu ó río Nilo o 30 de outubro de 130 ou pouco antes, preto da cidade de Bica, no Exipto medio,Backe, p. 4. e afogou ante a mirada de Hadriano. Dión Casio e Aurelio Víctor, que escribiron en data moi posterior, explican que as circunstancias da súa morte non estaban claras. Segundo unha das versións recollidas polos historiadores,Achega das diferentes versións sobre a morte de Antínoo, véxase Birley, pp. 315-318, onde comenta a información que sobre este asunto ofrecen Dión Casio, Aurelio Víctor e a Historia Augusta. a morte de Antínoo foi un accidente. Segundo outra versión, Antínoo sacrificouse polo emperador, para asegurarlle, mediante este sacrificio, unha vida longa e afortunada. Antínoo sabería por un astrólogo que o seu suicidio brindaría ó emperador a posibilidade de seguir vivindo despois do prazo que lle fora asignado polos fados.Esta versión dos feitos é a verdadeira segundo o historiador Dión Casio, LXIX, 11; o texto pode verse aquí en tradución ó inglés); o resto das fontes non se pronuncia nun sentido ou noutro. O autor da biografía de Hadriano na Historia Augusta (unha recompilación de biografías de emperadores escrita na Antigüidade Tardía, cuxos datos deben ser utilizados coa maior precaución) insinúa a posibilidade de que Antínoo puidese decidir suicidarse para escapar ás proposicións sexuais de Hadriano."Antinoum suum, dum per Nilum navigat, perdidit, quem muliebriter flevit. De quo varia fama est aliis eum devotum prol HHadriano adserentibus, aliis, quod et forma eius ostentat et nimia voluptas Hadriani." (Vita Hadriani, (De Vita Hadriani AeliiSpartiani XIV, 5-6 (texto en latín). Tradución aproximada: "Mentres navegaba polo Nilo perdeu ó seu Antínoo, a quen chorou coma unha muller. Sobre o cal hai varios rumores, afirmando uns que se sacrificou por Hadriano, e outros o que se deduce da súa beleza [de Antínoo] e da inmoderada voluptuosidade de Hadriano" (trad. Wikipedia). Retrospectivamente, non pode tampouco descartarse a hipótese dunha intriga de palacio. A esposa de Hadriano non debeu quedar demasiado aflixida pola morte do seu competidor.

Culto relixioso e xuízos sobre Antínoo na Antigüidade Inmediatamente despois da súa morte, posiblemente mesmo desde o mesmo día en que esta tivo lugar, Hadriano, profundamente doído, comezou o enaltecemento do seu mozo compañeiro. No mesmo escenario do infortunado acontecemento, a beiras do Nilo, no Exipto Medio, ordenou levantar, segundo o modelo helenístico, a cidade de Antinoópolis ou Antínoe.Pausanias, 8,9,7 A cidade e os seus habitantes recibiron do emperador privilexios e favores moi pouco usuais.Michael Zahrnt: Hadrian, en: Manfred Clauss: Die römischen Kaiser. 55historische Portraits von Caesar bis Iustinian, C.H. Beck, Múnic 1997, pp. 133ss.; sobre os privilexios véxase tamén Zahrnt (bibliografía) Na mesma cidade levantouse tamén, posiblemente, o monumento funerario do favorito imperial.Sobre a tumba de Antínoo no Nilo, véxase Hannestad: Über dás Grabmal des Antinoos. Topographische und thematische Studien im Canopus-Gebiet der Villa Adriana, en: Analecta Romana Instituti Danici 11 (1982), pp. 69-108 A construción é mencionada nunha inscrición xeroglífica sobre un obelisco hoxe situado en Roma.Achega do obelisco, véxase H. Meyer (1994, ver bibliografía) Probablemente o obelisco estaba orixinalmente situado tamén en Antinoópolis, e simbolizaba o lugar do renacemento do falecido, segundo as crenzas do Antigo Exipto.

miniatura|Antínoo como Osiris. Achado na Vila Adriana; hoxe no Louvre. miniatura|Relevo que mostra a Antínoo como Dioniso, hoxe no Palazzo Massimo alle Terme.

Inmediatamente despois da morte do mozo, comezou a súa adoración como divindade ou, polo menos, como heroe. Os cultos a Antínoo establecéronse sobre todo nas provincias orientais do Imperio Romano, de forte sinal grego (nas provincias occidentais do imperio tamén se podía atopar ese tipo de adoración, pero nunca conseguiu establecerse con tanta forza). Isto debeuse a varias razóns. Xa desde o período helenístico existía a tradición de deificar a algúns homes despois da súa morte. Ademais, varias cidades gregas desexaban afagar con iso ó emperador amigo dos gregos. Antínoo foi asociado ou identificado con deuses como Dionisos. En Exipto, a súa identificación con Osiris tivo un significado especial. Só a morte por afogamento durante a crecida sacra do Nilo xa implicaba para os exipcios a exaltación: tamén o deus Osiris afogou no Nilo, de acordo coa mitoloxía exipcia, polo cal a consagración do mozo como "Osiris-Antínoo" ou "Osirantínoo" non foi tan sorprendente. Como o gran deus, despois da súa deificación, Antínoo podía recibir pregarias e curar aos enfermos.

En moitas das cidades do Imperio comezou, pouco despois da morte de Antínoo, a construción de templos e a institución de sacerdocios para o seu culto. Na súa honra organizáronse unhas competicións musicais e deportivas, similares aos Xogos Panhelénicos, as Panateneas e os Tolemaicos, as Antinóeia. Ademais de Antinoópolis e da cidade natal de Antínoo, Bitinio-Claudiópolis,Pausanias 8,9,7; Supplementum epigraphicum Graecum 31, 1060; Inscriptiones Latinae Selectae 7212 foron centros do culto da nova deidade as cidades de Alexandría, en Exipto, e Mantinea, na rexión grega de Arcadia, así como Lanuvium, no Lacio. Alí celebrábanse cada catro anos os Grandes Xogos de Antínoo. Por todo o Imperio descubríronse inscricións na súa honra, ademais de en Roma, por exemplo en Lanuvium e en Tívoli.CIL VI,1851; XIV 3535, e outras. En numerosos lugares erixíronse estatuas e cuñáronse moedas coa efixie do defunto. O filósofo Numenio de Apamea escribiu ó emperador unha ConsolatioSuda 3,481,21 e os poetas Mesomedes,Suda 3,367,9 AteneoSuda 15,677 e Páncrates compuxeron poemas sobre Antínoo. Ademais hai constancia doutro poema de autor descoñecido.PIR (Prosopographia Imperii Romani) A 737; en W.D. Lebek: Ein Hymnus auf Antinoos, en Zeitschrift für Papyrologie und Epigraphik 12 (1973), pp. 101-137 Probablemente o punto máis alto na exaltación do mozo de Bitinia chegou cando se deu o seu nome a unha constelación.

O culto de Antínoo alcanzou o seu máximo desenvolvemento nos anos transcorridos entre a súa morte (130) e a do seu protector, Hadriano (138). Non chegou até nós cal foi a opinión dos contemporáneos do emperador sobre este culto case obsesivo a un home en realidade insignificante. Con todo, a devoción parece ser en parte auténtica. Na parte oriental do Imperio Antínoo era considerado un heroe a causa da súa presunta morte sacrificial en beneficio do seu amigo e protector. Os primeiros autores cristiáns, con todo, vírono de forma enteiramente distinta. Non fixeron referencia nin á súa suposta morte sacrificial nin ás misteriosas circunstancias da súa morte. Xulgárono, en cambio, de forma moi crítica, non exenta de polémica. Por unha banda viron nel a un infeliz (infelix) deus mítico creado polo home, e por outra, como a un efebo amante do emperador, obxecto das súas prácticas homosexuais. Antínoo, sobre todo para os Doutores da Igrexa do século IV, converteuse nun símbolo da corrupción moral romana e da irracionalidade do seu politeísmo. No entanto, algúns autores cristiáns tardíos valoraron positivamente o seu sacrificio e mesmo o consideraron imaxe da morte redentora de Xesuscristo.Acerca das referencias cristiás a Antínoo, véxase Backe, p. 6

Representacións na arte antiga miniatura|esquerda|Antínoo como Aristeo, descuberto no século XVII en Roma, hoxe no Louvre. Aínda que era bastante infrecuente que persoas que non pertencían á familiaimperial fosen honradas de modo tan particular, existen aínda hoxe moi numerosos retratosde Antínoo. Isto é extraordinario sobre todo porque o seu culto mantívose no seu apoxeo só durante os poucos anos que mediaron entre a súa morte e a de Hadriano (130-138). Non está claro se Antínoo foi retratado durante a súa vida: en calquera caso, o feito é que