O sistema Galileo é un sistema de satélites para o cálculo da posición e navegación militar e civil (en inglés: GNSS - Global Navigation Satellite System), desenvolvido en Europa como alternativa e complemento ó Sistema de posicionamento global (Global Positioning System, NAVSTAR GPS), controlado pola súa parte polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos de América. A Unión Europea é a propietaria do programa, que leva o nome de Galileo Galilei, o astrónomo que determinou a posición real da Terra no Sistema Solar. A súa responsable é a Comisión Europea, que xestiona e supervisa o desenvolvemento das actividades. A Axencia Espacial Europea foi encargada do deseño, desenvolvemento e implantación, máis do desenvolvemento técnico de infraestruturas. O sistema estímase que ten un custo de dez mil millóns de euros.

Entrou en servizo a finais de 2019. Consta de 24 satélites orbitando en círculo sobre tres planos inclinados en relación ó plano ecuatorial terrestre de preto de 56° e a unha altura de preto de 23 500 km. As órbitas seguidas polos satélites están dentro do rango das MEO (Medium Earth Orbit/Órbitas Terrestres Medias, OTM).

Na actualidade hai 18 satélites en órbita; 14 postos en órbita a bordo do foguete Soiuz, en sete lanzamentos de dous satélites en cada engalaxe. Catro satélites foros postos en órbita polo foguete Ariane 5, nunha soa engalaxe o 17 de novembro 2016. Dous lanzamentos do Ariane 5 foron programados para 2017 e 2018, completando os 24 satélites do sistema, e máis satélites de recambio están programados no 2020.

Características técnicas e prestacións miniatura|esquerda|Centro Espacial de Kourou, 21 de outubro de 2011. Lanzamento dos primeiros dous satélites Galileo (PFM, FM2) con lanzadeira Soiuz. Este Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS), ademais de prestar servizos de autonomía en radionavegación e localización no espazo, é interoperable cos sistemas GPS e GLONASS. O usuario pode calcular a súa posición cun receptor que utiliza satélites de distintas constelacións, como no caso de Sentinel-6. Ao ofrecer dúas frecuencias na súa versión estándar, Galileo brinda localización no espazo en tempo real cunha precisión da orde de 1 metro para o sistema gratuíto, e de ata 1 cm no de pago, algo sen precedentes nos sistemas públicos.

Do mesmo xeito, os satélites Galileo, a diferenza dos que forman a malla GPS, están en órbitas lixeiramente máis inclinadas cara aos polos. Deste xeito os seus datos son máis exactos nas rexións próximas aos polos, onde os satélites estadounidenses GPS perden notablemente a súa precisión.

Así mesmo, garante a dispoñibilidade continua do servizo, excepto en circunstancias extremas, e, co apoio de EGNOS, informará os usuarios en segundos en caso do fallo dun satélite. Isto faino conveniente para aplicacións onde a seguridade é crucial, tal como as aplicacións ferroviarias, a condución de automóbiles ou o control do tráfico aéreo. O uso de EGNOS para aviación civil mediante o procedemento LPV é o recomendado pola ICAO (Organización Internacional de Aviación Civil), en detrimiento do actual ILS. O uso combinado de Galileo e outros sistemas GNSS ofrece un gran nivel de prestacións para todas as comunidades de usuarios do mundo enteiro.

Unha preocupación importante dos actuais usuarios da radionavegación por satélite é a fiabilidade e vulnerabilidade do sinal. Nos últimos anos, producíronse varios casos de interrupción do servizo por causas tales como interferencia accidental, fallos dos satélites, denegación ou degradación do sinal. Neste contexto, Galileo realiza unha importante contribución á redución destes problemas ao prover en forma independente a transmisión de sinais suplementarias de radionavegación en diferentes bandas de frecuencia. En total, utiliza 10 radiofrecuencias, da seguinte maneira:

4 frecuencias no rango de 1164-1215 MHz (E5A-E5B) 3 frecuencias no rango de 1260-1300 MHz (E6) 3 frecuencias no rango de 1559-1591 MHz (L1)

Lista de satélites

Cada satélite, non os de probas, leva o nome dun neno gañador do concurso de debuxo Galileo da Comisión Europea. Os gañadores foron seleccionados en cada un dos estados membros da Unión Europea.

#ProgramaSatélite(Nome)IDDataVehículo de lanzamentoLanzamentoEstadoObservacións AGIOVE(Galileo In-Orbit Validation Element)GSAT0001(GIOVE-A) -28-dec-2005Soiuz-FG/FregatéxitoRetirado30-xun-2012Desenvolvido co obxectivo principal de reclamar as frecuencias asinadas a Galileo pola UIT. BGSAT0002(GIOVE-B) -27-abr-2008Soiuz-FG/FregatéxitoRetirado23-xul-2012Obxectivo similar a GIOVE-A pero con sinais de maior fidelidade para probas. 1Galileo-IOV(In Orbit Validation)GSAT0101( Thijs)1121-out-2011Soiuz-STB/Fregat-MTéxitoOperativoOs satélites IOV (In Orbit Validation) usáronse para a validación do sinal. As naves boas considéranse parte da frota operativa. 2GSAT0102( Natalia)12Operativo 3GSAT0103( David)1912-out-2012Soiuz-STB/Fregat-MTéxitoOperativo 4GSAT0104( Sif)20Fóra de servizoTras varios incidentes técnicos antes da súa posta en órbita, o satélite está fóra de servizo ao non transmitir o sinal correctamente. 5Galileo-FOC(Final Operation Capability)GSAT0201( Doresa)1822-ago-2014Soiuz-STB/Fregat-MTPosta en órbita incorrectaSo probasLanzado nunha órbita incorrecta, foi movido a unha órbita utilizable en decembro de 2014. 6GSAT0202( Milena)14So probasLanzado nunha órbita incorrecta, foi movido a unha órbita utilizable en marzo de 2015. 7GSAT0203( Adam)2627-mar-2015Soiuz-STB/Fregat-MTéxitoOperativo 8GSAT0204( Anastasia)22Non utilizableRetirado do servizo activo o 8 de decembro de 2017 ata novo aviso para propósitos de xestión da constelación. 9GSAT0205( Alba)2411-set-2015Soiuz-STB/Fregat-MTéxitoOperativo 10GSAT0206( Oriana)30Operativo 11GSAT0207( Andriana)0717-dec-2015Soiuz-STB/Fregat-MTéxitoOperativo 12GSAT0208( Liene)08Operativo 13GSAT0209( Danielè)0924-mai-2016Soiuz-STB/Fregat-MTéxitoOperativo 14GSAT0210( Alizée)01Operativo 15GSAT0211( Antonianna)0217-nov-2016Ariane 5 ESéxitoOperativo 16GSAT0212( Lisa)03Operativo 17GSAT0213( Kimberley)04Operativo 18GSAT0214( Tijmen)05Operativo 19GSAT0215( Nicole)12-dec-2017Ariane 5 ESéxito 20GSAT0216( Zofia) 21GSAT0217( Alexandre) 22GSAT0218( Irina) 23GSAT0219( Tara)25-Xul-2018Ariane 5 ESéxito 24GSAT0220( Samuel) 25GSAT0221( Anna) 26GSAT0222( Ellen) 27GSAT0223( Patrick)2020Ariane 6 28GSAT0224 29GSAT02252021Ariane 6 30GSAT0226 31GSAT0227 32GSAT0228 33GSAT0229 34GSAT0230

Notas

Véxase tamén

Categoría:Xeografía Categoría:Tecnoloxía