El Diario de Mondoñedo foi un periódico editado en Mondoñedo en 1894.

Historia e características Periódico católico. Apareceu a principios de xaneiro de 1894.El Correo Gallego, 5-1-1894, p. 3. Dirixido por Emilio Tapia Rivas. Enfrontado con El Baluarte de Galicia, empregou a estratexia de contratar aos seus caixistas e profesionais ata que conseguiu derribalo. Deixou de publicarse en outubro de 1894 e foi substituído por El Día de Mondoñedo.El Correo de España, 25-11-1894, p. 12.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Mondoñedo Categoría:1894 en Galicia