Trastorno de ansiedade é un termo xeral que abarca varias formas diferentes dun tipo de trastorno mental, caracterizado polo medo e a ansiedade anormais e patolóxicos. As condicións de saúde agora consideradas como trastornos de ansiedade chegaron baixo a éxida da psiquiatría, cara ao final do século XIX. Gelder, Mayou e Geddes explican que os trastornos de ansiedade se clasifican en dous grupos: síntomas continuos e síntomas episódicosGelder, Michael; Mayou, Richard; Geddes, John. Psychiatry. Oxford-Nova York. Oxford University Press. 3ª ed. 2005.. Os criterios diagnósticos psiquiátricos actuais recoñecen unha gran variedade de trastornos de ansiedade. Estudos recentes, ademais de atopar que até un 18 % da poboación estadounidense e un 20 % da poboación española poden estar afectados por unha ou máis destas desordes, acharon que a xenética responsable de propiciar a aparición e o desenvolvemento destes é a mesma que a involucrada nos trastornos depresivos e bipolares.Craske, MG; Stein, MB. "Anxiety". En Lancet. Londres, 24 de xuño de 2016.

O termo "ansiedade" abrangue catro aspectos que un individuo pode experimentar: aprehensión mental, tensión física, síntomas físicos e ansiedade disociativa. Estas é a clasificación dos trastornos de ansiedade segundo o DSM-IVDiagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders (DSM). American Psychiatric Association. 4ª edición. 1994.: Trastorno de ansiedade xeneralizada. Trastorno de pánico (con ou sen agorafobia). Trastorno obsesivo-compulsivo. Trastorno por estrés postraumático. Trastorno por estrés agudo. Trastorno de ansiedade social ou fobia social. Trastorno fóbico. Outros trastornos de ansiedade non especificados ou producidos polo consumo de substancias. miniatura|Expresión facial dunha muller con ansiedade crónica É importante prestar atención aos síntomas para previr que a persoa que a padeza sufra crises máis severas. Cadaquén ten as súas propias características e síntomas que requiren tratamentos diferentes.Gelder et al. 2005 As emocións presentes nos trastornos de ansiedade van desde o simple nerviosismo a episodios de terror ou pánico.Barker, 2003

Cuestionarios clínicos estandarizados de detección, tales como a Escala de Ansiedade Manifesta de Taylor ou a Escala de ansiedade Zung Self-Rating, poden ser utilizados para unha primeira detección dos síntomas de ansiedade, que despois necesitarán unha avaliación formal para o diagnóstico dun trastorno de ansiedadeTaylor, J. "A personality scale of manifest anxiety". En The Journal of Abnormal and Social Psychology. 48(2):285-290. 1953.Zung WWK. "A rating instrument for anxiety disorders". Psychosomatics. 1971; 12(6): 371-379.Zung WW. "The measurement of affects: depression and anxiety". Mod Probl Pharmacopsychiatry. 1974;7(0):170-88..

Clasificación

Trastorno de ansiedade xeneralizada

É un trastorno crónico común caracterizado por ansiedade de longa duración e que non se centra en ningún obxecto nin situación particular, ao contrario que nas fobias. As persoas que padecen ansiedade xeneralizada experimentan medos e preocupacións persistentes non específicos, moi focalizados en asuntos cotiáns. O trastorno de ansiedade xeneralizada é o trastorno de ansiedade máis común entre os que afectan a adultos maiores. A ansiedade pode ser un síntoma secundario ao abuso de medicamentos ou substancias, e os profesionais médicos deben ser conscientes diso. O diagnóstico de trastorno de ansiedade xeneralizada prodúcese cando unha persoa estivo excesivamente preocupada por un ou máis problemas todos os días durante seis meses ou máis. A persoa pode ter problemas para tomar decisións diarias e lembrar compromisos como consecuencia da falta de concentración que lle supón a "preocupación pola preocupación". Antes de diagnosticar un trastorno de ansiedade xeneralizada, os médicos deben descartar causas de ansiedade inducida por fármacos.Coello J, Stanley M. "Anxiety Disorders in Later Life: Differentiated Diagnosis and Treatment Strategies". Psychiatric Times. 26(8). 2008.Varcarolis. E. Manual of Psychiatric Nursing Care Planning: Assessment Guides, Diagnoses and Psychopharmacology. 4ª ed. Nova York. Saunders Elsevier. 2010. Páxina 109.

Trastorno de pánico No trastorno de pánico, unha persoa sofre ataques breves de intenso medo e terror, frecuentemente acompañados de síntomas como tremores, axitación, confusión, mareos, desmaios, náuseas e dificultade para respirar. Estes ataques de pánico, que se definen pola Sociedade Norteamericana de Psiquiatría (American Psychiatric Association -APA-) como o medo ou malestar que se presenta repentinamente, e con picos en menos de dez minutos, pode durar varias horas e poden estar desencadeados polo estrés, o medo ou mesmo o exercicio. A causa específica non sempre é evidente."Panic Disorder". Center for the Treatment and Study of Anxiety. Universidade de Pennsylvania.

Ademais dos recorrentes ataques de pánico inesperados, un diagnóstico de trastorno de pánico require que eses ataques de angustia teñan consecuencias crónicas ou ben preocupación polas consecuencias dos episodios de angustia, o medo persistente de posibles ataques futuros ou o medo a sufrir cambios significativos no comportamento relacionados cos ataques. En consecuencia, quen sofre síntomas de pánico sofre trastorno de pánico, mesmo fóra dos episodios específicos. Con frecuencia, a persoa afectada, ante cambios normais dos latexos cardíacos, percíbeos como ameazantes, o que a leva a pensar que ten algún problema no corazón ou que está a piques de ter outro ataque de pánico. Normalmente vai asociado a un temor anticipatorio a volver sufrir outro ataque de pánico (ansiedade anticipatoria ou "medo ao medo"). Nalgúns casos, prodúcese unha maior conciencia das funcións fisiolóxicas do organismo (hipervixilancia) durante o ataque de pánico, onde calquera cambio percibido fisioloxicamente se interpreta como unha posible doenza potencialmente mortal (é dicir, extrema hipocondría). Pode diagnosticarse trastorno de pánico con ou sen agorafobia.

Trastorno de pánico con agorafobia Trátase dunha variante que adoita ir asociada ao trastorno de pánico. Unha persoa experimenta un ataque de pánico inesperado e, a continuación, ten temor á posibilidade de volver ter outro ataque. A persoa teme e evita calquera situación que podería inducir a un ataque de pánico. A persoa nunca (ou raras veces) poderá saír da casa para evitar un posible ataque de pánico que cre que é un terror extremo ineludible.Jane E. Fisher; William T. O'Donohue. Practitioner's Guide to Evidence-Based Psychotherapy. Springer. Páxina 754. [ISBN 978-0387283692]

Trastorno fóbico As fobias ou trastornos fóbicos correspóndense coa maior e máis ampla categoría dos trastornos de ansiedade; inclúen todos os casos en que se desencadea medo e ansiedade por algún estímulo ou situación específica. Entre o 5 % e o 12 % da poboación mundial sofre trastornos fóbicos. As vítimas adoitan anticipar as consecuencias terribles do encontro co obxecto do seu medo, que pode ser calquera cousa, desde un animal, obxecto, persoa ou situación particular ata, por exemplo, un fluído corporal. Os afectados entenden que o seu medo é irracional, non proporcional ao perigo potencial real, pero están atafegados polo medo que se escapa ao seu control.Barker, Phil. Psychiatric and mental health nursing: the craft of caring. Londres. Arnold. 2003. [ISBN 978-0-340-81026-2]

Trastorno de ansiedade social O trastorno de ansiedade social, tamén coñecido como fobia social, caracterízase por un intenso, crónico e persistente temor (acompañado de condutas de evitación) a ser xulgado, avergoñado ou aldraxado, ou a facer o ridículo en situacións de interacción social. Este temor pode ser específico para situacións sociais especiais (como falar en público) ou, xeralmente, experimentarse na maioría ou na totalidade das interaccións sociais. A ansiedade social específica manifesta frecuentemente síntomas físicos tales como rubor, sudación, tremor, taquicardias e dificultade para falar. Do mesmo xeito que o resto de trastornos fóbicos, os que sofren de ansiedade social tratan de evitar a fonte da súa ansiedade e, no caso da ansiedade social, isto tórnase particularmente problemático, e en casos graves pode levar á exclusión social.The Oxford Handbook of Exercise Psychology. Oxford University Press. 2012. Páxina 56. [ISBN 9780199930746]

Trastorno obsesivo-compulsivo O trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) é un tipo de trastorno de ansiedade caracterizado sobre todo pola presenza de obsesións (imaxes ou pensamentos angustiosos, persistentes e intrusivos) e compulsións (insta a realizar determinados actos ou rituais). Afecta aproximadamente o 3 % da poboación mundial. O proceso é adoito totalmente ilóxico e irracional, do mesmo xeito que as compulsións, onde simplemente se ten a necesidade de completar un ritual co fin de acabar coa ansiedade provocada pola obsesión."Obsessive-Compulsive Disorder: Core Interventions in the Treatment of Obsessive-Compulsive Disorder and Body Dysmorphic Disorder". En NICE Clinical Guidelines (31). National Collaborating Centre for Mental Health. Reino Unido. 2006.

Nunha minoría pequena dos casos, os enfermos de TOC poden chegar a experimentar obsesións sen compulsións (obsesivos puros).

Trastorno de estrés postraumático Trátase dun trastorno de ansiedade que se produce a partir dunha experiencia traumática. O estrés postraumático pode ser o resultado de experimentar situacións extremas, como unha guerra, desastres naturais, violacións, secuestros, abuso infantil, acoso ou mesmo un accidente grave. Tamén pode resultar por unha exposición prolongada no tempo a un estrés crónico, por exemplo os soldados que soportan batallas de duración definida, pero non poden facer fronte ao combate continuo. Os síntomas comúns inclúen hipervixilancia, escenas retrospectivas rememorando o acontecemento traumático, condutas de evitación, ansiedade, ira e depresión. Hai unha serie de tratamentos que constitúen a base do plan de atención para as persoas que sofren trastorno de estrés postraumático. Estes tratamentos inclúen varias formas de psicoterapia, como a terapia cognitivo-condutual, terapias grupais e apoio de familiares e amizades. Tamén poden beneficiarse da farmacoterapia, como os inhibidores selectivos da recaptación de serotonina (ISRS).Fullerton, Carol. Posttraumatic Stress Disorder. Washington. American. Psychiatric Press Inc. 1997. Páxinas 8-9. [ISBN 0-88048-751-8]

Trastorno de ansiedade por separación Quen padece un trastorno de ansiedade por separación presenta niveis intensos e inapropiados de ansiedade ao separarse dunha persoa ou lugar. A ansiedade de separación é algo normal no desenvolvemento natural de bebés ou nenos, e só pode ser considerada como trastorno cando este sentimento sexa excesivo ou inapropiado. O trastorno de ansiedade por separación afecta a aproximadamente o 7 % dos adultos e o 4 % dos nenos, pero os casos infantís tenden a ser máis severos; nalgúns casos, incluso unha breve separación temporal pode desencadear sensacións de pánico.Mohatt, Justin (et al.). "Treatment of Separation, Generalized and Social Anxiety Disorders in Youths". En American Journal of Psychiatry. 171 (7): 741-748.Arehart-Treichel, Joan. "Adult Separation Anxiety Often Overlooked Diagnosis". En Psychiatric News. Xullo de 2006.

Trastornos de ansiedade na infancia