A estruga membranosa (Urtica membranacea), é unha especie de planta herbácea pertencente á familia das urticáceas. É orixinaria da rexión do Mediterráneo, aparece en Galiza.

Descrición esquerda|220px|miniatura|Detalle da estruga membranosa. Diferénciase da estruga maior (Urtica dioica L.), a máis común no territorio, por ser unha planta anual, xeralmente monoica, que presenta os acios masculinos simples, co eixo alargado, e follas con pelos unicamente urticantes.

Hábitat Planta nitrófila, ruderal, que se instala en cultivos, camiños e terreos ermos algo húmidos e sombrizos. Atópase a unha altura de 190 - 1000 metros.

Distribución Distribuída pola rexión mediterránea, na Península Ibérica áchase fundamentalmente localizada nas provincias marítimas. Aparece en Galiza.

Sinonimia Urtica caudata Vahl, Symb. Bot. 2: 96 (1791), nom. illeg. Urtica dubia Forssk., Fl. Aegypt.-Arab. CXXI (1775), nom. inval. Urtica lusitanica Brot., Fl. Lusit. 1: 205 (1804) Urtica membranacea raza lusitanica (Brot.) Samp., Man. Fl. Portug. 127 (1910) Urtica membranacea var. horrida Willk. in Willk. & Lange, Prodr. Fl. Hispan. 2: 251 (1862) Urtica membranacea var. subinermis Sennen, Pl. Espagne n.° 370, in sched.

Notas

Categoría:Urtica Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Flora de Galicia